Pico da Antónia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista sobre o Pico da Antónia

Coordenadas: 15°03′00″N 23°37′30″W / 15.05000°N 23.62500°W / 15.05000; -23.62500

O Pico da Antónia, con 1.394 m de altitude, é o punto máis elevado da illa de Santiago, no arquipélago de Cabo Verde.

Ten orixe volcánica e fica situado a 5 km a sueste de Assomada, a 3,5 km a sur de Picos, a 5 km a oeste-suroeste de João Teves e a 7 km a oeste-noroeste de São Domingos, nunha das cordilleiras de montañas que atravesan o interior da illa. Máis ao norte atópase a Serra da Malagueta. A montaña serve de fronteira entre os concellos de São Salvador do Mundo, São Lourenço dos Órgãos e Ribeira Grande de Santiago.

O pico e a área circundante forman o Parque Nacional do Pico da Antónia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]