Pico Victoria, Belice
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Pico Victoria ou Victoria Peak pertencente aos Montes Maya é a segunda cima máis alta de Belice, en América Central, con 1.120 msnm. O Victoria érguese no sudoeste do país.
Durante certo tempo creuse que o Pico Vitoria era a maior altura do país, mais en realidade corresponde ao Doyle's Delight, con 1.124 m, que está situado a 57 km ao sudoeste. O Victoria érguese no parque Cockscomb Basin Wildlife Sanctuary.
Ascensos [editar]
As primeiras exploracións e o ascenso do Pico Victoria ocorreu durante expedicións efectuadas en 1888 e 1889, aínda que parece que escalaron outro pico que tomaron polo Victoria[1].
Véxase tamén [editar]
Notas [editar]
- ↑ Katherine M. Emmons et al., Cockscomb Basin Wildlife Sanctuary, Producciones de la Hamaca, Belize and Orang-utan Press, Gays Mills, Wisconsin, USA (1996).