Picaraño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Picaraño
editar datos en Wikidata ]

Picaraño foi un periódico publicado en Entrimo entre 1909 e 1910.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario, apareceu o 1 de xuño de 1909. Tiña como lema "Su misión es zurrar la badana". Publicábase os días 15 e 30 de cada mes. O seu director e propietario era Vicente González. De contido anticlerical, asume como propia a tríade ideolóxica da Revolución Francesa, "libertad, igualdad, fraternidad". Tiña colaboradores correspondentes en Lisboa, Buenos Aires, Salamanca e Bande. Publicou poemas de Aureliano J. Pereira e Curros Enríquez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]