Picaouro común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picaouro
Macho
Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: 'Carduelis'
Especie: 'C. spinus'
Nome binomial
''Carduelis spinus''
(Linnaeus, 1758)
     Estival     Residente     Invernante

     Estival     Residente     Invernante
Sinonimia
Fringilla spinus[1] Linnaeus, 1758
Carduelis spinus

O picaouro común (Carduelis spinus) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae). É moi común por toda Europa e Asia, atópase en zonas boscosas, tanto de coníferas como en bosques mixtos, onde se alimenta de sementes de todo tipo, especialmente de abeneiros e coníferas.

É un paxaro pequeno de plumaxe parda-amarelada, diferenzable doutros frinxílidos semellantes polo seu patrón de cores: ás negras, costas amarelas e flancos riscados. Macho e femia son diferentes. O macho ten parte da cabeza negra e a femia ten un aspecto máis riscado e de cor máis averdado. É unha especie moi confiada, sociable e activa. Por isto, polo seu aspecto e polo seu canto é aprezada e críase en catividade.

Segue un patrón estraño de migración: cada poucos anos, no inverno, desprázase masivamente ao sur, por causas non do todo coñecidas pero que teñen que ver con factores climáticos e sobre todo de dispoñibilidade de alimento. Así zonas onde non é moi abondoso as súas poboacións invernantes multiplícanse.

Referencias e notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Picaouro común