Pica campestre
| Pica campestre | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Anthus campestris | ||||||||||||
A pica campestre (Anthus campestris) é un paxaro da familia Motacillidae.
Descrición [editar]
Ten unha lonxitude duns 16 cm. Caracterízase pola súa cola relativamente longa, as patas longas é unha liña ocular clara. A súa parte superior é brillante, case totalmente da cor da area con algunhas manchas máis escuras nas alas. A parte inferior é máis clara, en xeral sen raias. A liña de cor crema de sobre dos ollos é moi notoria.
Aliméntanse principalmente de insectos, aínda que comen tamén sementes.
Distribución e hábitat [editar]
Cría en zonas secas, incluídas as semidesérticas. A área de reprodución son as zonas que cumpran as súas esixencias en Europa, Asia e o noroeste de África. En Europa chega a Dinamarca e ó sur de Suecia.
É unha ave migratoria que pasa o inverno na África tropical e no subcontinente indio.
Reprodución [editar]
Fan os niños no chan, agachado entre as herbas. Poñen de 4 a 6 ovos abrancazados con algunhas manchas castañas. Choca só a femia. Os polos rompen a casca os 14 días e son alimentados polos pais durante dúas semanas.