Piñeiro de Monterrei
| Piñeiro insigne | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar nun xardín |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Risco baixo (CD) | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| Pinus radiata D.Don |
|||||||||||||||
O piñeiro de Monterrei, piñeiro insigne ou piñeiro americano[1] (Pinus radiata D. Don.), ás veces chamado piñeiro de repoboación (por ser usado con este fin en Galiza), é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne orixinaria de Monterrei, California. A súa característica distintiva prinicipal é que as súas follas se presentan en grupos de tres acículas, no canto de dúas como ocorre na maioría dos piñeiros. As piñas son máis cativas que as do piñeiro bravo, non superando os 12 cm de lonxitude e son ovoideas e moi asimétricas. Os piñóns miden entre 5 e 8 mm.
Sensible ao frío e ás xeadas, só se atopa en Galiza plantado en zonas próximas ao mar. Introduciuse no país arredor do ano 1850, xa que esta árbore medra rápido en chans acedos. A súa madeira é feble mais ten a vantaxe de ser pouco resinosa, polo que se emprega para facer pasta de papel.
Notas [editar]
- ↑ En Termos Esenciais de Botánica da Comisión de Normalización Ligüística da Escola politécnica Superior de Lugo-Universidade de Santiago de Compostela - 2002, dáse preferencia ao termo piñeiro insigne, aceptando tamén os nomes de piñeiro americano e piñeiro de Monterrey
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- VV.AA. (2006). Árbores de Galiza, Edicións A Nosa Terra.
- García, Xosé Ramón (2008). Guía das plantas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia.