Phoenix, Arizona
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
| Mapa | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización respecto ó Condado de Maricopa e o estado de Arizona | |||||
| Información | |||||
| País | |||||
| Estado | Arizona | ||||
| Superficie | 1.230,5 km² | ||||
| Poboación | 1,512,986 (2006) | ||||
| Densidade | 1.153 h/km² | ||||
| Alcalde | Phil Gordon | ||||
| [1] | |||||
Phoenix é a capital, a maior cidade e a maior área metropolitana do estado estadounidense de Arizona. Phoenix incorporouse o 5 de febreiro de 1881. É a principal cidade do Área Metropolitana de Phoenix e a 7 cidade do pais. Os indios navajo chaman á cidade Hoodzo que significa literalmente "este lugar é caloroso", actualmente é a cidade con maior crecemento nos Estados Unidos.
Índice |
[editar] Historia
[editar] Prehistoria
Os primeiros asentamentos no Val do Sol estableceunos o pobo hohokan ao redor do ano 300 adC. Construíron as primeiras granxas e estableceron un sistema de canles que permitía traer a auga desde o río Salgado. Viviron tamén nas ruínas de Pobo Grande entre o 700 e o 1400. Foi un pobo emprendedor e imaxinativo. O seu sistema de irrigación compendría uns 217 km de canles.
[editar] Orixe da cidade
En 1867, o aventureiro Jack Swilling parou para descansar na zona norte das Montañas White Tank. Descubriu que a área contaba con numerosas zonas agrícolas, libres de xeadas. Só se necesitaba auga. En 1868 construíu unha canle que traía auga desde o río Salgado e fundou unha pequena colonia a uns 6 quilómetros da actual cidade. O nome de Phoenix (fénix) deullo o pioneiro Darrel Dupa simbolizando así o nacemento dunha nova civilización sobre as ruínas deixadas polos hohokan. A cidade foi recoñecida oficialmente o 4 de maio de 1868.
[editar] Prosperidade e modernidade
A chegada do ferrocarril en 1880 foi o primeiro de diversos acontecementos que revolucionaron a economía de Phoenix. A cidade converteuse nun centro de comercio na que os produtos chegaban aos mercados das costas este e oeste do país. A Cámara de Comercio de Phoenix de estableceu en 1888.
En 1902, o presidente Theodore Roosevelt permitiu a construción de presas na zona oeste, satisfacendo así as demandas dos habitantes do Val do Sol. En 1911 a presa Roosevelt, unha das maiores do mundo, empezou a ser operativa. A presa creou tamén o Lago Roosevelt que ampliou a zona de irrigación. O 14 de febreiro de 1912, o presidente William Howard Taft instituyó o estado de Arizona e nomeou a Phoenix como o seu capital.
[editar] Xeografía
Phoenix atópase a 33°31'42" norte 112°4'35" oeste na zona central de Arizona, no corazón do Deserto de Sonora. A área metropolitana inclúe as comunidades de Glendale, Mesa, Scottsdale, Tempe, Chandler, Gilbert, Peoria e outras máis pequenas. Ademais, na área establecéronse diversas comunidades de retiro como Sun City.
A cidade ocupa un área de 1.230,5 km² dos cales 1.229,9 pertencen a terra e 0,6 a zona de auga.
[editar] Clima
É habitual que a cidade teña o ceo despexado, cunha media de 300 días de sol ao ano. A temperatura alcanza os 38 °C durante 89 días ao ano, sobre todo entre os meses de xuño e setembro. No verán adóitanse alcanzar temperaturas de máis de 40 °C. A temperatura máxima alcanzouse o 26 de xuño de 1990 ao chegar os termómetros a marcar os 50 °C.
| MesTemperaturas medias e precipitación: weather.com.Datos sobre o clima: weatherbase.com. | Ene | Feb | Mar | Abr | May | Jun | Jul | Ago | Sep | Oct | Nov | Dic | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima media (°C) | 19 | 21 | 24 | 29 | 34 | 39 | 41 | 39 | 37 | 31 | 24 | 19 | 30 |
| Temperatura mínima media (°C) | 5 | 7 | 9 | 13 | 18 | 22 | 27 | 26 | 22 | 16 | 9 | 6 | 15 |
| Precipitación (mm) | 21 | 20 | 27 | 6 | 4 | 2 | 25 | 24 | 19 | 20 | 19 | 23 | 210 |
[editar] Cidades hermanadas
Phoenix está hermanada con dez cidades:Phoenix Sister Cities Commission." Consultado o 21 de abril de 2006.