Philippe-François-Joseph Le Bas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Philippe-François-Joseph Le Bas (Frévent, 4 de novembro de 1762 - París, 28 de xullo de 1794) revolucionario francés, membro do partido dos Montañeses e comisario do Comité de sûreté générale, era un estreito colaborador de Robespierre cando tras os sucesos do 9 de termidor que levaron á caída deste, decidiu suicidarse antes de que se procedese ao seu arresto.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dun notario e intendente do príncipe de Rache, Le Bas foi elixido en 1792 deputado representante da provincia de Calais na Convención en compañía de Saint-Just, polo partido da Montagne.

Durante o proceso do rei Luís XVI, Le Bas votou en favor da súa condena á morte e en contra do seu sobresemento.

En agosto de 1793, foi nomeado delegado do exército do Norte xunto a Duquesnoy, decidindo o arresto dos xenerais Richardot e Ou'Moran acusados de incompetencia. Membro do Comité de sûreté générale e comisario da Convención para os exércitos, partiu xunto a Saint-Just ao leste do país coa misión de reorganizar as forzas republicanas tras a invasión de Alsacia e a toma de Wissembourg polos austriacos, para despois, trasladarse ao exército do Norte por orde do Comité de Salvación Pública, contribuíndo á vitoria da batalla de Fleurus.

Sempre fiel a Robespierre, tras os acontecementos do 9 de termidor, suicidouse dun disparo na cabeza no momento en que os axentes dirixidos por Barras e Léonard Bourdon entraban para arrestar o no concello de París.

O seu fillo, Philippe Le Bas (1794-1860) será director da biblioteca da Sorbona e presidente do Institut de France.