Philipp Mainländer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Philipp Mainländer.

Philipp Mainländer, pseudónimo de Philipp Batz, nado en Offenbach o 5 de outubro de 1841 e suicidado o 1 de abril de 1876, foi un filósofo e poeta alemán. Foi un dos principais seguidores da filosofía de Schopenhauer e exerceu unha forte influencia nas obras de Nietzsche e Emil Cioran. Pesimista radical, Mainländer sostivo que o principio do tempo correspondía á morte de Deus e da espiritualidade. Apoiou a virxindade e o suicidio como medios para minimizar a creación de vida e novo sufrimento.

A súa obra capital, Die Philosophie der Erlösung (Filosofía da liberación), foi publicada o día antes da súa morte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]