Navallón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pharus legumen»)

O navallón (Pharus legumen, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo da familia dos Fáridos (Pharidae), orde Eutherodonta.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Semella unha navalla pero ten as marxes anterior e posterior redondeadas e entreabertas. Normalmente non supera os 12 cm.

A cuncha é fráxil e equivalva, tomando unha forma oblonga e cilíndrica. A superficie presenta finas liñas concéntricas. A valva dereita ten un dente cardinal prominente, e a esquerda dous moi prominentes; ademais, nas dúas valvas aparece na cara interior unha costela redondeada que chega ata un terzo da distancia entre o bordo superior e a marxe inferior.

A cor é branca sucia, pero o periostraco é verde oliva ou verde amarelado. Interior, branco, e marxe dentada.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Vive na zona infralitoral, en bancos de area fina.

Distribúese polo Atlántico, desde as Illas Británicas ata Marrocos.

Resulta pouco abundante e as escasas capturas veñen mesturadas con navallas e longueiróns.

Ríos Panisse recolleu o nome de navallón aplicado tamén a outros moluscos, como a arola ou a propia navalla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]