Pharnavaz I de Iberia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPharnavaz I de Iberia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ka) ფარნავაზი Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento326 a. C. Editar o valor em Wikidata
Mtskheta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte234 a. C. Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Mtskheta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
King of Iberia (en) Traducir
299 a. C. – 234 a. C. – Saurmag I of Iberia (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIberia caucásica Editar o valor em Wikidata
RelixiónGeorgian mythology (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Pharnavaziana Editar o valor em Wikidata
FillosSaurmag I of Iberia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Relevo representando a Pharnavaz I

Pharnavaz (xeorxiano: ფარნავაზი) foi o primeiro rei de Kartii, un antigo reino xeorxiano coñecido como Iberia nas fontes clásicas. Segundo os rexistros escritos xeorxianos medievais foi o fundador do reino e da dinastía Pharnavaziana. Non se coñece a data exacta do seu reinado, que podería variar entre o 302–237 a. C. segundo Vakhushti de Kartli, 299–234 a. C. para Cyril Toumanoff ou 284–219 a. C. consonte Pavle Ingorokva.[1]

Orixe mítica[editar | editar a fonte]

Conforme as Crónicas xeorxianas, Pharnavaz descendía de Uplos, fillo de Mtskhetos, fillo de Kartlos, que era un dos famosos e poderosos oito irmáns, que pola súa parte eran descendentes de Targamos, fillo de Tarsi, o neto de Jafet, fillo do Noaé bíblico. Pharnavaz non figura directamente en fontes non xeorxians e non hai unha indicación contemporánea definitiva para afirmar que foi o primeiro dos reis xeorxianos. A súa historia esta mesturada con trazos e imaxes de fantasía, acumulando o Pharnavaz real unha fachada mítica emerxendo como un modelo de monarca precristián nos anais xeorxianos.[2]

Na crónica do 800 A vida dos reis, a xenealoxía de Pharnavaz remóntase a Kartlos, o etnarca mítico de Kartli. Seu tío paterno, Samara, era o mamasakhlisi ("pai da casa") das tribos xeorxianas de Mtskheta. A nai de Pharnavaz era unha muller persa de Isfahán Toda a historia de Pharnavaz, aínda que escrita por un cronista cristián, abonda en alusións do iranianas antigas, un reflexo dos lazos entre Kartli e Irán nesa época, confirmados pola arqueoloxía e que tamén ilustra o propio nome "Pharnavaz" coa raíz par- baseada no persa farnah.[3] Cando Pharnavaz tiña tres anos[4] a súa familia quedou destruída e as súas posesións usurpadas por Azo, instalado por Alexandre o Grande durante a súa campaña en Kartli. A invasión de Iberia por Alexandre non aparece só na tradición histórica xeorxiana, senón tamén en Plinio o Vello (4.10.39) e Solino (9.19).[5]

Reinado[editar | editar a fonte]

Pharnavaz medrou orfo, un día tivo un soño máxico no que el se unxía coa esencia do sol, que anuncia a peripeteia, esta visión lévao ao convencemento de dedicarse a misións nobres. A continuación marchou a cazar e seguindo un cervo atopou un tesouro agochado nunha cova.[6] Pharnavaz recuperou o tesouro para armar un exército leal contra a tiranía de Azon. Tivo a axuda de Kuji de Cólquida, que casou cunha irmá súa. Aos rebeldes tamén se suman 1000 soldados do campo de Azon .[2]

Reino de Iberia durante o reinado de Pharnavaz I

Na batalla seguinte os eu exército derrotou e matou a Azon e Pharnavaz converteuse no rei de of Kartlii aos 27 anos.[5], recoñecendo a soberanía dos seléucidas, os sucesores de Alexandre no Oriente Medio,[2] e probablemente seguiu na súa administración o modelo iraniano,[7] introducindo unha organización militar-administrativa baseada nunha rede de gobernadores rexionais ou eristavi.[8], quedando a estrutura xerárquica creada por Pharnavaz co rei no cume, seguido dun comandante en xefe do exército real (spaspet)e sete eristavis; os altos comandantes (atasistavis tsikhistavis) das gornicións estacionadas nas fortalezas reais e os comandantes (asistavis) que eran os fillos máis novos das familias aristocráticas; os guerreiros mercenarios profesionais procedentes dos países veciños e os soldados do exército real estaban distribuídos por todo o reino.[9] Pero a atribución destas reformas a Pharnavaz podería ser unha proxección de reformas medievais proxectadas ao un remoto pasado..[10]

Pharnavaz realizou alianzas con varios pobos do Cáucaso norte durante o seu reinado para axudalo tanto contra forzas internas como contra os macedonios.[11]. Seguindo os anais reais xeorxianos fixo da lingua xeorxiana a lingua oficial do reino e creou o alfabeto xeorxiano, mais non existe confirmación arqueolóxica e hai un rexeitamento unánime entre os historiadores de que el fora o creador do alfabeto.[12][13][14][15] Documentándose a existencia dunha forma peculiar local do alfabeto arameo na Xeorxia precristiá.[16] Reinou durante 65 anos segundo as crónicas e tras a súa morte enterrouse en fronte do ídolo Armazi.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rapp, p. 274.
  2. 2,0 2,1 2,2 Rapp, p. 276.
  3. Rapp, pp. 275-276.
  4. Toumanoff, p. 8
  5. 5,0 5,1 Toumanoff, p. 9
  6. Rayfield, p. 61; Rapp, p. 276.
  7. Rapp, p. 275.
  8. Rapp, p. 277; Suny, p. 12.
  9. Gamkrelidze, p. 135
  10. Rapp, p. 277.
  11. Anchabadze, George. The Vainakhs. Page 19-31.
  12. Stephen H. Rapp Jr (2010). "Georgian Christianity". En Ken Parry. The Blackwell Companion to Eastern Christianity. John Wiley & Sons. p. 139. ISBN 978-1-4443-3361-9. 
  13. Seibt, Werner. "The Creation of the Caucasian Alphabets as Phenomenon of Cultural History". 
  14. Donald Rayfield The Literature of Georgia: A History (Caucasus World). RoutledgeCurzon. ISBN 0-7007-1163-5. P. 19.
  15. Nino Kemertelidze (1999). "The Origin of Kartuli (Georgian) Writing (Alphabet)". En David Cram, Andrew R. Linn, Elke Nowak. History of Linguistics 1996: Volume 1: Traditions in Linguistics Worldwide. John Benjamins Publishing Company. p. 228. ISBN 978-90-272-8382-5. 
  16. Lang, David Marshall. Iran, Armenia and Georgia. In: Yar-Shater, p. 515.
  17. Rapp, p. 280.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]