Phacus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Phacus é un xénero de protistas unicelulares, do filo Euglenozoa (antes chamados Euglenophyta). O seu nome procede do grego phakos, que significa lentella, por analoxía coa súa forma e cor. Son de cor verde clara (algúns avermellados) e encóntranse comunmente en pozas de auga doce ricas en nutrientes, nas que se desprazan xirando os seus corpos. Teñen un só flaxelo, que é a miúdo tan longo como toda a célula do microorganismo. A célula é aplanada e ríxida de 25 a 30 µm de longo; a maioría das especies son moi planas e con forma de folla, xeralmente con cristas, pregamentos ou sucos que corren helicoidalmente ou lonxitudinalmente, e ten unha sección transversal trirradiada ou irregular; moitas especies teñen unha espiña posterior longa, moitas son retortas, con mancha ocular e avultamento flaxelar como en Euglena.[1]

Presenta cloroplastos xeralmente pequenos, discoidais, numerosos, e normalmente sen pirenoides; unhas poucas especies (por exemplo, P. splendens) teñen cloroplastos planos grandes con pirenoides; o paramilo deposítase tipicamente en forma duns poucos gránulos grandes (a miúdo aneis) acompañados de moitos pequenos. A abertura do canal é subapical.[1]

Os estadios palmeloides sen quistes son raros. Multiplícase dividíndose por división celular no sentido lonxitudinal; o proceso iníciase polo dobramento da superficie pelicular seguida da división. Cando as condicións se fan pouco favorables pode modificar a súa estrutura: arredóndase, perde o flaxelo e reforza a súa envoltura para protexerse mellor, á vez que diminúe a súa actividade metabólica.

Segundo as clasificacións clasifícase na familia Euglenaceae ou na Phacaceae (ver AlgaeBase[1]). As formas incoloras trátanse como un subxénero ou como un xénero separado co nome Hyalophacus. A especie tipo é P. longicauda (Ehrenberg, 1833) Dujardin, 1841. Os estudos recentes indican que o xénero non é monofilético ou holofilético.

Lista de especies[editar | editar a fonte]

Segundo AlgaeBASE (14 de xuño de 2012[1]) comprende as seguintes especies:

Segundo o Catalogue of Life (14 de xuño de 2012[2]) a lista de especies é:

Segundo o NCBI (14 de xuño de 2012[3]) :

Segundo o World Register of Marine Species (WORMS, 14 de xuño de 2012[4]) :

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2014. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. http://www.algaebase.org; searched on 19 August 2014.
  2. "Catalogue of Life Phacus". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 01 de xuño de 2015. 
  3. NCBI Phacus
  4. WORMS Phacus

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]