PewDiePie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PewDiePie
Nacemento: 24 de outubro de 1989 (25 anos)
Gotemburgo
Nacionalidade: Suecia Suecia
Ocupación: Youtuber
Cónxuxe(s): Marzia Bisognin (2011–presente)[1]

Felix Arvid Ulf Kjellberg[2][3], nado o 24 de outubro de 1989 en Gotemburgo, é un youtuber sueco coñecido polo seu alcume PewDiePie. PewDiePie é un xogador en vídeo de xogos dos xéneros de terror e acción. A súa canle é unha das que máis axiña está a medrar en YouTube, pasando de 3,5 millóns a 19 millóns no 2013. Dende o 15 de agosto de 2013, a canle de PewDiePie converteus na que máis subscritores ten en YouTube, sendo sobrepasado brevemente en novembro e decembro de 2013 por YouTube's Spotlight. Mantendo a posición de xeito ininterrompido dende o 23 de decembro de 2013, a canle sobrepasou 30 millóns de subscritores en agosto de 2014.[4] O 19 de xullo de 2014, sobrepasou a RihannaVEVO para converterse na canle máis vista de tódolos tempos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]