Petite philosophie à l’usage des non philosophes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Petite philosophie à l’usage des non philosophes
editar datos en Wikidata ]

Petite philosophie à l’usage des non philosophes é unha obra escrita por Albert Jacquard coa colaboración de Huguette Planés que achegou o prólogo. Publicouse por vez primeira en francés en 1997.

Resumo[editar | editar a fonte]

Trata de explicar moitas das dúbidas que esta sociedade se pode formular, todas elas foron sacadas de diversas charlas, onde a xente preguntou todo o que se lle ocorrera nese intre.

Do A ó Z[editar | editar a fonte]

  • A. Alteridade (o outro): como convivir uns cos outros, todos precisamos de todos.
  • B. Bioloxía: cal é realmente o comezo da vida? A vida constrúese etapa por etapa, non de forma súbita, e grazas a aparición dunha complexidade crecente.
  • C. Cociente intelectual: a desgraza dun tipo intelixente é que nunca o é o suficiente como para non se dicir a si mesmo que é o máis intelixente. Dende qué punto de vista podemos analizar a intelixencia realmente.
  • C. Conciencia (e inconsciente): a conciencia trata dunha realidade que nos permite saber como somos.
  • D. Demografía: realmente todos somos iguais vivamos onde vivamos.
  • E. Espazo-tempo: (O home non ten porto nin o tempo beira, flúe e nós pasamos) O tempo nunca se detén e o espazo pode ser abstracto ou concreto.
  • E. Ética: podemos situar a responsabilidade como a orixe da ética.
  • F. Felicidade: (Facede as persoas felices e farédeas mellores) Na sociedade todos temos dereito a ter unha felicidade colectiva.
  • F. Fraternidade: trata de persoas que están de acordo normalmente. E a posible intervención de cada un na realización da persoa do outro.
  • G. Xenética: (Se son diferente de ti, lonxe de danarte, fágoche máis forte) Fálase de dúas modalidades, unha é na que se produce un ser idéntico a ti, e na outra a partir de dúas persoas obtense unha terceira.
  • H. Hitler: esta persoa quitáballe ás persoas a súa identidade como home.
  • I. Imaxinación: o coñecemento dun mesmo como o doutro depende da nosa capacidade de imaxinalo, isto é diferente a tradición filosófica.
  • J. Xustiza e dereito: casos nos que estamos obrigados a obedecer a un sistema inxusto.
  • K. Kuwait: cando os ricos guerrean morren os pobres.
  • L. Liberdade: (só conservamos a liberdade arriscando a propia vida). A liberdade só é propia dos seres humanos, xa que para os animais só existe o pasado e o presente e na nosa especie tamén existe o futuro.
  • M. Matemáticas (lóxica): todos somos bos en matemáticas aínda que haxa xente que non o queira ver dese xeito. É natural non sentir interese por todo como ocorre no caso da filosofía.
  • N. Natureza, cultura: a natureza é o fornecido pola acción das forzas implicadas a partir do big-bang.
  • O. Orixe: a orixe de todo o que nos rodea e a do propio ser humano.
  • P. Poder, estado: (Os homes son xefes para defender a súa liberdade) Culpan ó Estado da súa falta de liberdade.
  • R. Relixión: (Chegou o momento de instaurar a relixión do amor). A relixiosidade creouse a partir do achado dun esqueleto, significa que o seu contorno quixo facer da súa morte un novo nacemento.
  • S. Sabedoría ou filosofía: se cremos ao dicionario, filosofar é recorrer á razón. Filosofar no noso punto de vista, é vivir.
  • T. Técnica: esta palabra adoita confundirse coa ciencia. Aristóteles considerou que a técnica era inseparable da especie humana.
  • T. Teoría e experiencia: a mellor teoría é a que permite responder a un maior número de preguntas e explica o maior número de feitos experimentais.
  • T. Traballo: (O máis importante da vida é elixir unha profesión) Etimoloxicamente o traballo é definido como unha tortura. A supervivencia require unha achega permanente de alimentos, bens, abrigo, etc. E para conseguilo precísase o traballo.
  • U. Utopía: é a descrición dunha sociedade ideal (Tomás Moro).
  • V. Verdade: a miúdo confúndese a realidade coa verdade. A verdade son as afirmacións certas que corresponden a características verificables dunha cousa.
  • W (e o francés): para contribuír a defensa dunha lingua francesa é preferible non buscar unha palabra que comece por unha letra de conduta tan desparpaxada.
  • X. A incógnita: a verdadeira cuestión é, por que hai que seleccionar? E ninguén coñece a reposta.
  • Y. Ying Yang: (É posible que o home sexa só o monstro da muller, ou a muller o monstro do home)
  • Z. Zenón de Elea: Explica o paradoxo da tartaruga e Aquiles.