Pet Sounds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pet Sounds
Álbum de The Beach Boys
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: xullo de 1965 - abril de 1966
Estudio(s) de gravación: Western, Gold Star & Sunset Sound Studios, California
Duración: 35:57
Xénero: rock psicodélico, baroque pop, pop psicodélico
Selo(s): Capitol Records
Producido por: Brian Wilson
Cronoloxía
Beach Boys' Party! Pet Sounds Smiley Smile

Pet Sounds é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de surf rock The Beach Boys, publicado o 16 de maio de 1966 a través do selo Capitol Records. Dende entón foi recoñecido como un dos discos máis influíntes na historia da música popular e un dos mellores álbums dos 60, incluíndo cancións como "Wouldn't It Be Nice" e "God Only Knows". Pet Sounds foi creado varios meses despois de que Brian Wilson deixase de xirar coa banda para centrarse na composición e na gravación. No disco Wilson tece elaboradas harmonías vocais, xunto con efectos de son e instruments pouco convencionais como timbres de bicicletas, órganos zunantes, clavicémbalos, frautas, electro-theremins, silbatos para cans, trens, instrumentos de corda hawaianos, latas de Coca-Cola e ladridos de cans, xunto cos máis normais teclados e guitarras.[1][2]

Aínda que Pet Sounds ten sido acreditado como un dos álbums máis importantes de todos os tempos, tras a súa publicación inicial fracasou no intento de acadar o status de disco de ouro, chegando só ao número 10 da lista Billboard 200. Trátase dun disco que anunciaba o emerxente estilo do rock psicodélico, abogando e emulando unha dramática e revolucionaria instrumentación barroca. Fou elixído número 1 de varias listas de melores álbums de revistas musicais, como New Musical Express, The Times e Mojo Magazine. Foi colocado no número 2 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores ábums de todos os tempos".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Pet Sounds foi reeditado varias veces dende a súa aparición en 1966, tanto en versións mono como estéreo. O primeiro lanzamento do álbum en CD foi en 1990, coa adición de tres novas cancións. No ano 2001, Pet Sounds foi reeditado con "Hang on to Your Ego" como cancións extra.

Cara 1
N.º Título Voces principais Duración
1. "Wouldn't It Be Nice" (B. Wilson/Asher/Love) B. Wilson and Love 2:25
2. "You Still Believe in Me"   B. Wilson 2:31
3. "That's Not Me"   Love with B. Wilson 2:28
4. "Don't Talk (Put Your Head on My Shoulder)"   B. Wilson 2:53
5. "I'm Waiting for the Day" (B. Wilson/Love) B. Wilson 3:05
6. "Let's Go Away for Awhile" (B. Wilson) instrumental 2:18
7. "Sloop John B" (arr. trad. B. Wilson/Jardine) B. Wilson e Love 2:58
Cara 2
N.º Título Voces principais Duración
1. "God Only Knows"   C. Wilson 2:51
2. "I Know There's an Answer" (B. Wilson/Sachen/Love) Love e Jardine con B. Wilson 3:09
3. "Here Today"   Love 2:54
4. "I Just Wasn't Made for These Times"   B. Wilson 3:12
5. "Pet Sounds" (B. Wilson) instrumental 2:22
6. "Caroline, No"   B. Wilson 2:51

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reseña do disco en Allmusic (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2014.
  2. Tunbridge, Laura (2011). The Song Cycle. Cambridge University Press. pp. 173. ISBN 0-521-72107-5.