Peseta saharaui
| Peseta saharaui | |
|---|---|
| البيزيتا الصحراوي (árabe) | |
| Código: | ESP |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | ₧ ou Ptas |
| Fracción: | 100 céntimos |
| Moedas: | 1, 2, 5 y 50 pesetas (no conmemorativas) |
| Billetes: | non existen |
| Emisor: | Fronte Polisario |
| Taxa de troco: fixa |
1 EUR = 166,386 EHP |
A peseta saharaui (en árabe البيزيتا الصحراوي) é a moeda de iure da República Árabe Saharauí Democrática dende a sinatura dos Acordos de Madrid en 1975.
A pesar de que esta moeda non ten carácter oficial, ten asignado o código ISO 4217 EHP. Divídese en 100 céntimos, aínda que non se acuñaron nunca moedas con estas denominacións, así como billetes en pesetas saharauis.
Ao ser un territorio ocupado por Marrocos,[1] a moeda que circula no territorio do Sáhara Occidental é o dirham marroquí, xunto á uquiya mauritana en menor medida.
Ao non ser unha moeda oficial nin recoñecida, non existe unha taxa de troco para a peseta saharaui. Sen embargo, tralos Acordos de Madrid, o goberno da República Árabe Saharaui Democrática fixou o seu valor como paritario á peseta española, cunha taxa de troco de 1 ESP = 1 EHP; e actualmente cunha paridade fixa co euro de 1 EUR = 166,386 EHP.
Moedas[editar]
As moedas non conmemorativas acuñadas polo Fronte Polisario son de 1, 2, 5 e 50 pesetas, todas elas de cuproníquel:
| Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Anverso | Reverso |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 Peseta | 1992 | Cu+Ni | 17,00 | 2,99 |
TRANSPORTE TIPICO النقل التقليدي |
Escudo de armas REPUBLICA ARABE SAHARAUI DEMOCRATICA |
| 2 Pesetas | 1992 | Cu+Ni | 20,00 | 3,51 |
TRANSPORTE TIPICO النقل التقليدي |
Escudo de armas REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUI DEMOCRÁTICA |
| 5 Pesetas | 1992 | Cu+Ni |
TRANSPORTE TIPICO النقل التقليدي |
Escudo de armas REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUI DEMOCRÁTICA |
||
| 50 Pesetas | 1990 | Cu+Ni |
TRANSPORTE TIPICO النقل التقليدي |
Escudo de armas REPÚBLICA ÁRABE SAHARAUI DEMOCRÁTICA |
As demais denominacións acuñadas son pezas conmemorativas ou temáticas, por exemplo:
-
40.000 pesetas en ouro. 15º aniversario das relacións diplomáticas con Venezuela
Notas[editar]
- ↑ http://www.havc.se/res/SelectedMaterial/20020129legalopinionwesternsahara.pdf Carta do 29 de xaneiro do 2002 do Subsecretario Xeral para Asuntos Legais ao Presidente do Consello de Seguridade