Perry Farrell
Perry Farrell | |
---|---|
Nome completo | Peretz Bernstein |
Data nacemento | 29 de marzo de 1959 (65 anos) |
Nado en | Nova York |
Cónxuxe | Etty Lau Farrell |
Ocupación | cantante, músico, actor, guitarrista e surfista |
Instrumento(s) | voz, guitarra, teclados |
Relacionado con | Jane's Addiction, Porno for Pyros, Psi com, Satellite Party |
Tempo en activo | 1981 - actualidade |
Na rede | |
https://perryfarrell.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Perry Farrell, nado como Peretz Bernstein o 29 de marzo de 1959, é o líder da banda de rock alternativo estadounidense Jane's Addiction. Farrell creou o festival itinerante Lollapalooza como xira de despedida de Jane's Addiction en 1991; dende entón evolucionou cara a un festival anual. Farrell continúa traballando no Lollapalooza cos seus asociados William Morris Agency e C3. Farrell liderou tamén os grups de rock alternativo Porno For Pyros e Satellite Party.
Farrell é a única persoa que tocou nas doce edicións do Coachella, tendo aparecido baixo cinco nomes diferentes (Perry Farrell, Jane's Addiction, DJ Peretz, Satellite Party e con Hybrid). DJ Peretz e The Chemical Brothers son os únicos artistas que tocaron no festival máis de catro veces.