Perpiñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Perpiñán - Perpignan")

Coordenadas: 42°41′55″N 2°53′44″E / 42.69861°N 2.89556°E / 42.69861; 2.89556

Perpiñán
Perpignan (en francés)
Perpinyà (en catalán)
Arms of Perpignan.svg
Perpignan.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Perpiñán en Francia
Perpiñán
Perpiñán
País Francia Francia
Rexión Languedoc-Rosellón
Departamento Pireneos Orientais
Departamento Distrito de Perpiñán
Xeografía
Altitude 8-95 msnm
Superficie 68,07 km²
Poboación
Poboación 120.100 hab. (2009)
Densidade 1.800 hab/km²
Xentilicio Perpiñañés
Información
Código postal 66000
Alcalde Jean-Marc Pujol
Páxina web Páxina oficial de Perpiñán

Perpiñán[1] (en francés: Perpignan; en catalán: Perpinyà) é unha cidade francesa. É a capital da Cataluña do Norte e da comarca do Rosellón. É tamén a capital do departamento dos Pireneos Orientais. A súa poboación alcanzaba 116.700 habitantes en 2004, e a área metropolitana superaba os 300.000 en 2007.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Perpiñán érguese no centro da chaira do Rosellón regada polo río Têt, e que está limitada ao sur polos Pirineos, ao oeste pola rexión de Corbières e ao leste polo Mar Mediterráneo. Ë a máis meridional das grandes cidades da Francia metropolitana.

O clima é de tipo mediterráneo, con invernos suaves e veráns secos e calorosos.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe da cidade non está clara: parece que foi fundada como unha explotación agrícla romana denominada villa Perpiniani. Será a partir do século X, cando comezou a desenrolarse. Como capital do condado do Rosellón acrecentou aínda máis a súa importancia. Aquela expansión valeulle gañar o bispado, que daquela radicaba en Elna.

En 1172, Perpiñán integrouse na Coroa de Aragón. En 1197, Perpiñán obtivo unha carta municipal que estabelecía a súa organización. Os habitantes gozaban de privilexios importantes, como o de poder elixir os cónsules, un por cada clase social. Entre 1276 e 1344, Perpiñán alcanzou a súa idade de ouro; tornouse capital da Coroa de Mallorca, cuadruplicando a súa poboación e a súa superfície en menos dun século. Foi a época dos grandes obradoiros, da catedral e do castelo real (Pazo dos Reis de Mallorca).

En 1344 perdeu o estatuto de capital, a causa da reintegración do Reino de Mallorca na Coroa de Aragón. Pouco despois de 1346 veuse afectada fortemente pola peste negra, da cal a cidade non se recuperou nunca. Logo de 1479, Perpiñán entrou nos planos da lóxica militar, pechada por murallas poderosas, reforzadas ao longo das diversas épocas. Tomada polos exércitos de Luís XIII de Francia en 1642, foi anexada, como o resto da Cataluña Norte, ao reino de Francia polo tratado dos Pireneos de 1659. As murallas foron derrubadas a comezos do século XX, ao tempo que a cidade se espallaba sobre a chaira do Rosellón.

Universidade de Perpiñán[editar | editar a fonte]

A Universidade de Perpiñán (chamada Via Domitia hoxe en día), é a magna institución educativa da cidade. Creada en 1349 polo rei Pedro IV de Aragón. A universidade actual foi creada en 1971 só como centro universitario e tornouse universidade plena en 1979.

Centros de interese[editar | editar a fonte]

O Castellet de Perpiñán
  • O Castellet, antiga cadea, hoxe museo catalán das artes e das tradicións populares.
  • Pazo dos Reis de Mallorca.
  • A Llotja de Mar, historicamente o primeiro tribunal marítimo do mundo.
  • O Ostal de la Vila, ou casa do concello.
  • O Pazo da Deputación, actual delegación da Generalitat de Cataluña.
  • Catedral de San Xoán Bautista.
  • Claustro-cemiterio, tradicionalmente dito cementiri de Sant Joan (cemiterio de san Xoán), que os franceses chaman Campo Santo.
  • Igrexa de San Xoán o Vello.
  • Igrexa de Santiago (ou de san Jaume).
  • Igrexa de Nosa Señora a Real.
  • Igrexa de San Mateo.
  • Convento dos dominicos.
  • Convento das carmelitas.
  • Convento dos mínimos.
  • Convento das clarisas.
  • Os restos do convento dos franciscanos.
O rivière Basse, afluente do Tet, en Perpiñán

Naturais salientes da cidade[editar | editar a fonte]

Localidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Celebracións[editar | editar a fonte]

Durante o ano 2008, Perpiñán foi a Capital da Cultura Catalá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para perpiñanés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Perpiñán

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]