Pernalonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pernalonga
Himantopus himantopus P6284162.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Recurvirostridae
Xénero: Himantopus
Nome científico
Himantopus himantopus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Pernalonga (Himantopus himantopus), é unha ave de distribución xeográfica moi ampla, caracterizada pola lonxitude das súas patas, extremadamente longas en relación ó corpo. Está en discusión se esta ave é unha única especie ou varias, e, segundo diversos expertos, so o nome científico Himantopus himantopus poderían estar comprendidas en realidade entre 2 e 4 especies.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os exemplares adultos miden entre 33 e 36 cm de lonxitude, teñen patas moi longas de cor rosada e un bico negro longo e fino. Son de cores contrastadas: negras por riba e brancas por debaixo. A cabeza é branca e o pescozo parcialmente negro. A presencia de cor negra na cabeza é máis marcada nos machos, pero non exclusiva deles, polo que non é definitiva para diferenciar os sexos. Ademais, os machos adoitan perdera cor negra da cabeza no inverno. As aves inmaturas substitúen o negro da caluga polo gris, teñen o lombo acastañado e as puntas das plumas das alas claras, o que, cando voan, permite ver uña liña clara nas beiras das alas.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Viven en zonas chás con augas doces, salobres ou salgadas en lagoas, salinas e lagos. A lonxitude das patas permítelles procurar alimento en augas relativamente fondas. As discusións que provoca a exacta cuantificación de especies fan difícil indicar a distribución xeográfica exacta, aínda que se considerarmos unha especie única, abranguería practicamente os cinco continentes. As poboacións que crían en Europa pasan o inverno en África.

Alimentación e reprodución[editar | editar a fonte]

Comen principalmente insectos e crustáceos que apañan na area ou na auga. Fan os niños, a miúdo en pequenos grupos mesturados con outras aves de ribeira, como a avefría, preto da auga.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pernalonga