Periodismo fotográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festas en Castiñeiras, Ribeira.

Dende a aparición da fotografía, o xornalismo fotográfico empregouse para deixar constancia de calquera feito memorable en publicacións escritas. Obtivo unha importancia moi considerable a partir dos anos 20 en diante, cando se crean axencias xornalísticas baseadas nas reportaxes fotográficas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ata tal punto se implantou a fotografía na prensa escrita, que hoxe en día é habitual que o que se chama "mancha" sexa un 70% do xornal. Esa "mancha" é a superficie de imaxe con respecto ó total do papel. Cabe destacar que na maioría das noticias, se despraza só o fotógrafo, xa que a noticia en si se obtén de axencia ou de memorando.

A fotografía cobra especial importancia no xornalismo e fai chegar ó público máis cantidade de información, facendo realidade a frase "vale máis unha imaxe ca mil palabras". Moitos autores reflexionan, dende os tempos da orixe da fotografía, sobre a súa importancia social. Susan Sontag afirma que Coleccionar fotografías é coleccionar o mundo. Así mesmo, engade que a fotografía "xustifica".

Así a todo, non hai que esquecer que quen fai unha fotografía plasma unha parte da realidade dunha determinada maneira, e dende un punto de vista en concreto. Non podemos pensar polo tanto que a fotografía é un fiel reflexo da realidade, senón a plasmación dunha parte da mesma. Non só hai que pensar naquilo que a fotografía recolle, senón tamén no que puidese ficar fóra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]