Perfil do solo
O perfil do solo é a exposición vertical de capas horizontais do solo, denominadas precisamente horizontes. Estes son o conxunto de calidades que lle son propias a un solo (textura, cor, etc.). Nos solos pódense distinguir horizontes órganicos e minerais.
Índice |
Horizontes [editar]
Nun solo ben desenvolvido podemos distinguir 3 horizontes:
- Horizonte A:
É unha capa superficial (máximo, 0,5 metros de profundidade). Está constituido maioritariamente por materia orgánica, polo tanto é de cor escura, as partículas que o compoñen son moi finas. É unha capa moi porosa.
- Horizonte B:
É o subsolo (profundidade máxima, 1 metro). Está formado por produtos da alteración das rochas lindantes e recibe tamén o material orgánico e mineral do horizonte superior. A súa cor é parda ou avermellada pola presenza do óxido de ferro.
- Horizonte C:
É o máis profundo e está constituído por materiais separados do fondo rochoso. Está formado por cantos soltos nunha matriz de arxila e area, cada vez máis numerosas e de maior tamaño.
Procesos [editar]
O perfil do solo está suxeito a tres procesos:
- Adicións ao solo:
Son os elementos achegados dende o exterior, como poden ser a auga, elementos da atmosfera (O2, CO2, nitróxeno, xofre, etc.), materia orgánica e enerxía solar.
- Pérdidas dende o solo:
Son os elementos eliminados dende o solo, tales como a auga (por evaporación e transpiración), o CO2 (polo efecto de descomposición dos microbios), nitróxeno (desnitrificación), volume (por erosión) e enerxía solar (por radiación).
- Transformacións no mesmo solo:
Refírese á circulación de nutrientes (ciclos bioxeoquímicos), materia orgánica, formación de compostos minerais, reaccións entre materia orgánica e arxila e formación de estruturas e concrecións.
Todos estes procesos son importantes para a conservación dos solos.