Pere Comte
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa arquitectura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Pere Comte ou Pere Compte, nado en Xirona no século XV, foi un arquitecto catalán.
Traxectoria [editar]
Como mestre de obras da catedral de Valencia, débeselle a ampliación do primeiro tramo da nave. A súa obra máis importante é a Llotja de la Seda (1482-1498), hoxe Patrimonio da Humanidade, en Valencia. Tamén interveu na construción das Torres de Quart. En 1498 iniciou as obras para a construción do Consulado de Mar.