Perdiz moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perdiz moura
Stavenn Alectoris barbara.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Alectoris
Nome científico
Alectoris barbara
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Alectoris barbara

A perdiz moura (Alectoris barbara) é unha ave da familia dos faisánidos (Phasianidae), autóctona do norte de África.

Índice

[editar] Descrición

Están moi emparentadas coa perdiz común (Alectoris rufa), da que as diferencian o deseño da cabeza e da gorxa Teñen aspecto gordecho e arredondado e miden entre 33 e 36 cm. de lonxitude. A parte superior do corpo é castaña agrisada, o peito gris e o ventre da cor do ante. A cara é gris clara e teñen unha zona ampla de cor castaña avermellada na zona do colo. Os flancos son brancos con vetas castañas avermelladas.

[editar] Distribución e hábitat

É unha perdiz nativa do norte de África e segundo algúnhas opinións [1] de Xibraltar e as illas Canarias, aínda que a súa presenza nestas últimas rexións é se cadra máis axiña consecuencia de introducións antigas. No norte de África espállanse dende a beira norte do Sahara ata o noroeste de Exipto e Marrocos. Nas Canarias (Sb. Alectoris barbara koenigi [2]) viven en Fuerteventura Tenerife, Lanzarote e a illa da Gomera. Foi introducida en Portugal e Madeira, aínda que non hai rexistros recentes da súa presenza nesta illa. Dentro deste ámbito de distribución distínguense catro subespecies.

Son aves de terras secas e abertas, a miúdo en zonas de outeiros, pero a súa capacidade de adaptación permítelles vivir en terras de cultivo, estepas de euforbiáceas, bosques de eucaliptos e en montañas ata ó límite das neves..

[editar] Bioloxía e costumes

Aliméntanse de sementes e algúns insectos. Fan o niño nunha depresión do chan. Poñen entre 10 e 14 ovos con pencas castañas avermelladas. O período de incubación é duns 25 días. Os polos adoitan ficar cabo dos pais ata que comeza a seguinte época reprodutora.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Heinz-Sigurd Raethel; Wachteln, Rebühner, Steinhühner, Frankoline und Verwandte, Verlagshaus Reutlingen, Reutlingen 1996, ISBN 3-88627-155-2

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas