Perdiz común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Perdiz común
Alectoris-rufa-with-young.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Alectoris
Nome científico
Alectoris rufa
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos
Alectoris rufa rufa

A perdiz común (Alectoris rufa) é una perdiz orixinaria do suroeste de Europa.

Índice

[editar] Descrición

Son aves gordechas e de alas arredondadas. A plumaxe dos individuos adultos é castaña area pola parte superior, ante rosada no ventre e gris pálida no peito. A coroa e a parte superior da caluga dos adultos son de cor castaña rosada, a parte frontal e os lados da coroa son gris azuladas, e teñen unha liña superciliar estreita abrancazada que lles vai ata os lados da parte inferior da caluga. A zona entre o bico e o ollo ten unha barra de plumaxe negra e unha área espida de pel vermella. A barra negra continua ata detrás do ollo, onde se fai máis ancha e espállase cara abaixo ó redor da mancha da gorxa ata chegar ó colar negro. Na zona dos oídos hai unha mancha parda. A barbadela e a parte superior da gorxa son de cor branca de crema, rodeadas por un colar negro amplo. O negro do colar continúa na parte inferior da gorxa na forma de pinceladas negras sobre fondo gris area. Liñas tamén negras, pero máis estreitas están tamén presentes na parte superior dos lados do pescozo, que son gris azulados. A parte inferior dos laterais do pescozo son castañas rosadas. O peito ten a plumaxe gris azulada, r a barriga e ante rosada. Os lados están marcados con barras castañas brillantes, en xeral entre 8 e 10, cada unha delas cunha beira negra estreira, sobre unha cor de fondo abrancazada diante das barras e gris pálida por detras.

O bico e vermello brillante, igual que o anel ocular. O iris e castaño e as paras vwermellas rosadas.

[editar] Distribución e hábitat

A perdices comúns viven hoxe, ademais de na s Península Ibérica, sur de Francia e noroeste de Italia, nas Azores, Gran Canaria, Madeira, illas Baleares e Córsega. En Gran Bretaña foron introducidas como aves de caza ó redor de 1770. As soltas de perdiz chucar provocaron a hibridación das dúas especies en Inglaterra. Ata ó século XVI as perdices comúns vivían máis ó norte, por exemplo nos vales do Neckar, o Rhin e o Aar, de onde desapareceron a consecuencia da baixada das temperaturas.. As perdices comúns viven no sur da súa distribución ata os 2000 metros de altitude, pero prefiren chairas ou terras onduladas con solos soltos.

[editar] Costumes

Son aves sedentarias de hábitos terrestres, que forman bandos fora da estación de cría. Se son molestadas prefiren voar que correr, pero se é necesario voan tamén distancias curtas. Poñen os ovos, entre 8 e 13, no chan. A femia encárgase da incubación, que dura unhas tres semanas. Son aves gordechas e de alas arredondadas.. Aliméntanse principalmente de sementes, pero, sobre todo os polos, comen tamén, insectos.

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas