Período pre-dinástico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie de artigos sobre a
Historia de Exipto
Egypte louvre 284.jpg
Historia do Exipto Antigo
O Exipto greco-romano
O Exipto árabe
O Exipto otomán
Muhammad Alí e os seus sucesores
Historia do Exipto contemporáneo
Obxecto predinásticos (de arriba á esquerda): Unha estatuíña, unha vasilla de Naqada, unha estatuíña de marfil, unha vasilla de pórfiro, un coitelo de sílex e unha paleta de cosmética

Na Historia do Exipto Antigo, o Período pre-dinástico vai desde as culturas demediados do V milenio até o a unificación de Exipto, arredor do ano 3150 a.c. por parte do "rei" Menes tamén coñecido como Narmer (ver Paleta de Narmer).

Historia[editar | editar a fonte]

A vida en Exipto estivo confinada sempre á estreita faixa ribeireña. As crecidas do Nilo inicianse regularmente a mediados de xullo, inundan todo o val e proporcionan humidade; o seu descenso gradual, a partir de novembro, deixa tras de si unha camada de limo que abona o chan. As crecidas foron submetidas mediante diques e canles, o que esixía unha organización centralizada, mais a lonxitude do río obrigaba á subdivisión administrativa en nomos, ou provincias. A aparición da metalurxia do cobre marca o comezo do período predinástico, ainda que a introdución do metal non supuxese mudanzas importantes, pois os trazos fundamentais do que sería a cultura exipcia xa existían. A finais deste período xa era clara a diferencia entre o Alto e o Baixo Exipto: No sul sucédense as culturas tasiense, badariense e amraciense (ou Naqada I) e no norte o geerzense (ou Naqada II) e o maadiense. A mediados do IV milenio fúndense o amraciense e o gerzeense nunha cultura única, da que xurdirá o imperio unificado.

Puido haber soberanos con pleno dominio sobre todo o Exipto antes da I dinastía que sucederon a sendas dinastías do Alto e do Baixo Exipto. Neste período xa estaban formados os elementos característicos da plástica exipcia.

O máis antigo indivíduo "momificado" data de preto de 3300 a.C., aínda que non sexa unha verdadeira momia. O corpo está patente no Museo Británico e recebeu a alcuña de "Ginger" por ter cabelo ruibo. O Ginger foi enterrado nas areas quentes do deserto, talvez con algunhas pedras empilladas sobre o cadáver para evitar que este fose comido por chacais. As condicións quentes e secas disecaron o corpo, evitando que os músculos e os tecidos moles se decompuxesen. O Ginger foi enterrado con alguns recipientes de cerámica, que terían contido comida e bebida para sustentar o morto na longa viaxe ata ao outro mundo. Non existen rexistos escritos sobre a relixión ou deuses do tempo, e non se sabe se era intención dos antigos exípcios que o corpo fose preservado. Sábese apenas que a comezos da I Dinastia a cultura exipcia xa estaba plenamente formada.

Culturas do delta e de Al Fayyum[editar | editar a fonte]

Culturas do Alto Exipto[editar | editar a fonte]