Período Muromachi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ashikaga Takauji, fundador do shogunato Ashikaga.
Samurais no 1538.
Comerciantes europeos.

A era Muromachi (室町時代 Muromachi-jidai?, coñecido tamén como período Muromachi, era Ashikaga ou período Ashikaga) é un período da historia xaponesa que abarca dende 1336, co fracaso da Restauración Kenmu e a toma do poder de parte do samurai Ashikaga Takauji, quen estableceu o segundo shogunato na historia xaponesa en 1338: o shogunato Ashikaga, cuxo nome lle foi dado a esta época. Finalizou en 1573, cando o decimo quinto e último shōgun, Ashikaga Yoshiaki, foi derrocado polo daimyō Oda Nobunaga, quen buscaba a unificación do país.[1]

A comezos desta era desenvolveuse o proceso de fragmentación do poder en Xapón, onde o shogunato compartía influencia política cos feudos, chamados han, e cuxo poder estaba en mans do daimyō. Porén, a segunda metade deste período rompeuse o balance de poder e os shōgun perderan a súa influencia, e os daimyō fortalecéronse; pouco despois os daimyō iniciaron unha disputa entre clans, coa fin de reunir todo o poder político do país.[2] É así, que nesta era se resaltan dous períodos específicos como resultado desta fragmentación política: a era Nanbokuchō (南北朝時代 Nanbokuchō-jidai?, era das Cortes do Norte e do Sur (13361392)), onde o poder imperial, que fora relegado a un papel cerimonial, estaba sufrindo unha dualidade de poderes con dous emperadores gobernando de xeito simultáneo: a Corte do Norte, apoiada polo shogunato Ashikaga e a Corte do Sur, que ostentaba a súa lexitimidade ó posuír os Tres Tesouros Sagrados, obxectos lendarios que certificaban o reinado do emperador. O segundo período es coñecido como a era Sengoku (戦国時代 Sengoku-jidai?, era dos estados en guerra (14671568)), onde os estados feudais enfróntanse nunha serie de batallas coa fin de ampliar o seu poder de influencia en Xapón, desencadeando unha longa guerra civil.

Tamén durante a era Muromachi iníciase un despegue económico baseado na agricultura e o comercio, favorecido polo sistema feudal;[2] en cuanto ó comercio exterior, reforzouse o intercambio coa China da dinastía Ming durante a primeira metade do período. Coa chegada dos europeos ou Nanban (南蛮 "Bárbaros do Sur"?) a Xapón, expandiuse o intercambio cos portugueses, holandeses, ingleses e españois. Dito fenómeno manteríase constante a finais da era Muromachi, crecendo durante a era Azuchi-Momoyama e decaendo a comezos da era Edo.[3] No aspecto cultural, a sociedade evoluciona en base ó budismo zen, apoiado polo shogunato, e desenvolve diversas expresións culturais que se mantiveron ata a actualidade tales como a cerimonia xaponesa do té, o ikebana, o , entre outros que se popularizaron durante este período.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diversas fontes sinalan que a fin desta era sitúase en 1568, cando Nobunaga entra a Kioto e logra terminar a guerra civil de cen anos.
  2. 2,0 2,1 2,2 Historia del Japón – El Shogunato Ashikaga
  3. Historia do Xapón – Occidente e Oriente encóntranse. Cristiáns en Xapón