Período

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo período emprégase para designar o intervalo de tempo necesario para completar un ciclo repetitivo.

  • En física período utilízase para designar o intervalo de tempo entre dous puntos equivalentes dunha onda ou oscilación.
  • En astronomía o período orbital é a cantidade de tempo que tarda un planeta ou corpo celeste en describir unha órbita completa.