Pepu Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPepu Hernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro de Madrid
15 de xuño de 2019 –
Portavoz Partido Socialista Obrero Español
xuño de 2019 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Ramiro de Maeztu Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de baloncesto , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Adestrador enllaç= enllaç=
1994-2005 CB Estudiantes
2006-2008   España
2010-2011 Club Joventut de Badalona Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2501529 Twitter: pepu_alcalde Editar o valor em Wikidata

José Vicente Hernández Fernández, máis coñecido como Pepu Hernández, nado en Madrid o 11 de febreiro de 1958, é un adestrador de baloncesto. Tras unha vida dedicada ó Estudiantes, encargouse da selección española no Mundobasket 2006, onde gañou o primeiro ouro español. Ademais, impartiu numerosos cursiños e clínics sobre adestramento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pepu Hernández estudou no Instituto Ramiro de Maeztu a ensinanza preparatoria e o bacharelato, para despois comezar a carreira de Ciencas da Información na Universidade Complutense de Madrid, que abandonaría para dedicarse completamente ó baloncesto.

Xogou nas categorías base do Estudiantes dende alevíns até xuvenís. Con 16 anos, en 1974, comezou a adestralas, pasando polos alevíns, infantís, xuvenís e júniors. Pasou ó primeiro equipo como segundo adestrador en 1990, tomando o posto de adestrador principal en decembro de 1994, substituíndo a Miguel Ángel Martín. Estaría no posto até a tempada 2004-2005, cunha breve paréntese na tempada 2001-2002, cando asumiu o posto de Director Deportivo, sendo substituído na bancada por Carlos Sáinz de Aja. Foi tamén adestrador axudante de Ignacio Pinedo na selección española júnior.

A principios de 2006, a Federación Española de Baloncesto designouno como adestrador da selección española, tendo que deixar o Estudiantes, club que lle concede a súa insignia de ouro e brillantes en xaneiro dese ano.

No mundial de baloncesto de 2006, no Xapón, consegue o ouro tras un gran campionato, no que a selección non caeu derrotada en ningún partido. Horas antes da final, o seu pai fina, pero el decide non comunicarllo ó cadro de xogadores para que non lles afecte moralmente.

Na celebración do título, na praza de Castilla de Madrid, dixo: "Os voy a decir una palabra. Y escuchadla bien, porque va a ser una palabra muy importante: ba-lon-ces-to." ("Vou dicirvos unha palabra. E oídea ben, porque vai ser unha palabra moi importante: ba-lon-ces-to")[1].

Como parte da selección, é galardoado co Premio Princesa de Asturias dos Deportes no 2006.

Filosofía de traballo[editar | editar a fonte]

Pode dicirse que a súa filosofía do baloncesto baséase na énfase na actividade, con e sen balón, dos cinco xogadores na cancha, na actitude, na defensa, no contraataque e en non ter roles ríxidos. Tamén intenta extrae-las mellores características de cada xogador para beneficir ó funcionamento do conxunto do equipo.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Selección española[editar | editar a fonte]

CB Estudiantes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]