Pepita Tudó
Pepita Tudó ou Josefina Tudó y Catalán, nada contra 1785 e falecida en Madrid en 1869, foi unha condesa española, coñecida por ser modelo de Francisco de Goya en dous famosos cadros.
Traxectoria [editar]
Pepita Tudó, orfa dun artilleiro gaditano, vive desde os 16 anos xunto coa súa nai Catalina e as súas irmás Magdalena e Socorro na casa de Manuel Godoy, á que acudiu a súa nai reclamando os pagos atrasados de viuvez. Pepita foi amante de Manuel Godoy xa cara a 1800, pero a raíña obrigou a este a que contraese matrimonio coa princesa María Teresa de Borbón (matrimonio por outra banda moi favorable a Godoy no socioeconómico). En 1828 ao falecer María Teresa de Borbón puideron oficialmente contraer nupcias Pepita Tudó e Manuel Godoy, aínda que se considera que contraeran anos antes un matrimonio secreto. En 1805 nace, o primeiro fillo de ambos, Manuel, e en 1807 Luís.
En 1807, a instancias do influente Godoy, Carlos IV concedeulle a Josefina Tudó o título de condesa de Castillo Fiel e vicecondesa de Rocafuerte.
O dramaturgo, tamén español, Ceferino Palencia escribiu a novela Pepita Tudó obviamente inspirándose na biografiada no artigo presente. Aínda que quizais o máis interesante de Josefina Tudó é que, con altísimas probabilidades é ela a retratada nos xustamente soados cadros de Goya: La maja vestida e La maja desnuda.