Pepe Rubianes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPepe Rubianes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Vilaxoán, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de marzo de 2009 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de pulmón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral , actor de cinema , actor de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0747978 Editar o valor em Wikidata

José[1] Rubianes Alegret, chamado Pepe Rubianes, nado en Vilaxoán, parroquia de San Martiño de Sobrán (Vilagarcía de Arousa),[2] o 2 de setembro de 1947 e finado en Barcelona o 1 de marzo de 2009, foi un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou coa familia a Barcelona na súa infancia. Comezou a facer obras de teatro como afeccionado aos 16 anos, e logo tomou contacto co teatro universitario do grupo T.U.C. (Teatro Universitario de Cámara). Posteriormente integrouse no NGTU (Nou Grup de Teatre Universitari) dirixido por Frederic Roda, e alí coñeceu os que despois formarían Dagoll Dagom, compañía na que comezará a traballar de forma profesional en 1977.

Aínda como estudante de dereito, participou como secundario en montaxes afeccionadas ou semiprofesionais de Un enemigo del pueblo, de Henrik Ibsen, El café de la Marina de Josep Maria de Sagarra, ou El mono piadoso, de Xosé Ruibal. A primeira montaxe profesional foi o musical No hablaré en clase, de Dagoll Dagom, e onde continuou con Antaviana, espectáculo que xirou por España, Francia, Italia e Suíza.

En 1981 participou da creación e convivencia da compañía Els Joglars coa súa Operación Ubú. A partir de 1982 iniciou a súa carreira en solitario, onde se dedicou fundamentalmente ao teatro de monólogos e humorístico. O seu primeiro espectáculo individual foi Pay-Pay, co que xirou por España, Cuba, México, Panamá, Costa Rica, Nicaragua e Guatemala.

Durante a década dos oitenta e primeiros noventa dedicouse a este xénero de teatro con diversos espectáculos, que representou tanto en España como en Iberoamérica. En 1995 dá o salto á televisión ao facer de Makinavaja un personaxe da serie Makinavaja, adaptación dunha banda deseñada de Ivá. Durante os anos seguintes continuou coa súa traxectoria de monologuista ata que en 2006 saltou á dirección de espectáculos coa montaxe Lorca eran todos, baseada en textos de distintos especialistas sobre a obra de Federico García Lorca. O seu último espectáculo foi La sonrisa etíope, que tivo que suspender por enfermidade.

En 2011 estreouse o filme documental Pepe & Rubianes, dirixido por Manuel Huerga, e no que participan entre outros os actores Joan Lluís Bozzo, Pepe Molina, Joan Gràcia ou o cantante Joan Manuel Serrat.

Polémica[editar | editar a fonte]

O 20 de xaneiro de 2006, nunha entrevista promocional do seu espectáculo Lorca para todos na televisión pública catalá TV3, fixo unhas declaracións[3] sobre a unidade de España e o nacionalismo que resultaron moi polémicas. As declaracións provocaron a cancelación dalgúns espectáculos[4] en Madrid[5], e desculpouse e matizou as súas declaracións[6]. Unha asociación ultradereitista denunciouno por "ultraxes a España", e a denuncia foi arquivada en 2007. Porén, en xuño de 2008 o xulgado de instrución de Sant Feliú de Llobregat reabriu a causa acusando a Pepe Rubianes e o presentador Albert Om de "incitación ao odio" e "ultraxes a España", e a TV3 como responsable subsidiaria.[7]

Teatro[editar | editar a fonte]

Espectáculos propios[editar | editar a fonte]

Participación noutros espectáculos[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En abril de 2008 anunciou que padecía un cancro de pulmón, que sería finalmente a causa da súa morte. Foi incinerado en Barcelona, e as súas cinzas espalláronse en Cuba e África.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o propio autor o seu nome é José, e non Xosé ou Josep. Ler páxina 19 do libro Me voy, de Pepe Rubianes.
  2. O lado sensible de Pepe Rubianes. Neste artigo do Faro de Vigo indícase que naceu nunha casa da antiga rúa Nova, actual rúa Vázquez Leis, pertencente á parroquia de San Martiño de Sobrán.
  3. "YouTube Video con las declaraciones de Pepe Rubianes en TV3". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2006. Consultado o 01 de marzo de 2009. 
  4. Rubianes retira el espectáculo 'Lorca eran todos' del Español por el «agresivo ambiente», El País
  5. Rubianes representará finalmente en Madrid, pero en el Auditorio de Comisiones Obreras
  6. Comunicado de Pepe Rubianes en el diario El Mundo (en referencia a la suspensión de su espectáculo en Madrid)
  7. La Audiencia de Barcelona ordena abrir el juicio contra Rubianes por ultraje a España, El Mundo, 20 de xuño de 2008.
  8. La comedia catalana despide a su amigo Rubianes, Público, 2/3/09