José Manuel Reina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pepe Reina»)
José Reina
Información persoal
Nome José Manuel Reina Páez
Nacemento 31 de agosto de 1982 (41 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,88 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Lazio
Carreira xuvenil
1988–1995 EF Madrid Oeste
1995–1999 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1999–2000 Barcelona B 41 (0)
2000–2002 Barcelona 30 (0)
2002–2005 Villarreal 109 (0)
2005–2014 Liverpool 285 (0)
2013–2014Napoli (cedido) 29 (0)
2014–2015 Bayern München 3 (0)
2015–2018 Napoli 111 (0)
2018–2020 Milan 5 (0)
2020Aston Villa (cedido) 12 (0)
2020– Lazio 0 (0)
Selección nacional
1998–1999 España sub-16 9 (0)
1999 España sub-17 2 (0)
2000 España sub-18 1 (0)
2000–2003 España sub-21 20 (0)
2005–2018 España 36 (0)
Na rede
http://pepereina25.com/en/
IMDB: nm3972624 Twitter: PReina25 Instagram: preinaofficial FIFA: 175413 UEFA: 48716 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 26 de xullo de 2020.
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Reina Páez, máis coñecido como Reina ou Pepe Reina, nado en Madrid o 31 de agosto de 1982, é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o SS Lazio da Serie A italiana. É fillo do porteiro cordobés Miguel Reina.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid, onde o seu pai, Miguel Reina, fixou a súa residencia tras retirarse no Atlético de Madrid. Comezou a xogar na Escola de Fútbol Madrid Oeste de Boadilla del Monte. En 1995 pasou ao fútbol base do FC Barcelona, club no que o seu pai desenvolvera a maior parte da súa carreira profesional. Pasou polos equipos infantís (1995-96), cadetes (1996-98) e xuvenís (1998-99) ata chegar ao filial en 1999, realizando a pretemporada dese ano co primeiro equipo.[2]

A tempada 2000-01 empezouna no filial en Segunda División B, pero as sucesivas lesións dos dous porteiros do primeiro equipo, Richard Dutruel e Francesc Arnau, permitíronlle debutar en Primeira División con tan só 18 anos. Foi o 2 de decembro de 2000 nun partido ante o Celta de Vigo que finalizou con empate a tres. Reina saltou ao campo no minuto 49, en substitución do lesionado gardameta francés.[3]

O técnico, Lorenzo Serra Ferrer, deulle continuidade como titular e Reina disputou esa tempada 19 partidos de liga, ademais de defender o arco azulgrana na Copa da UEFA, onde o seu equipo alcanzou as semifinais.

A tempada 2001-02 perdeu protagonismo tras a fichaxe do internacional arxentino Roberto Bonano, xogando a metade de encontros oficiais que a anterior campaña: 16 (once partidos de Liga, un de Copa do Rei e catro de Liga de Campións). Ao termo da tempada é traspasado por cinco anos ao Villarreal CF, aínda que o club catalán reservábase unha opción de recompra.

Vilarreal CF[editar | editar a fonte]

No seu novo destino rapidamente fíxose coa titularidade e converteuse nun dos puntais dun equipo, polo que ao finalizar a tempada 2002-03 o Villarreal CF decidiu facerse co 100% dos dereitos do xogador, a cambio de seis millóns de euros e o pase de Juliano Belletti ao FC Barcelona.

No seu segundo ano en Vila-real o equipo amarelo conquistou a Copa Intertoto -primeiro título oficial na historia do club-, o que lles permitiu participar na Copa da UEFA, onde alcanzaron as semifinais.

A tempada 2004-05, ademais de sumar unha nova Copa Intertoto, clasificou ao seu equipo para a Liga de Campións, un éxito sen precedentes para o modesto club castellonense, tras finalizar a liga en terceira posición. Esa tempada destapouse como un especialista en parar lanzamentos de penaltis, chegando a deter sete das nove penas máximas que lle chutaron.

Liverpool FC[editar | editar a fonte]

Logo de tres anos de éxitos en Villarreal, en xullo de 2005 Rafa Benítez decidiu fichalo para o Liverpool FC inglés, que se acababa de proclamar campión de Europa. Pronto desprazou ao banco ao internacional polaco Jerzy Dudek, que fora un dos protagonistas destacados da conquista do título europeo.

No club inglés estableceu unha marca como o gardameta que mantivo a súa portería a cero durante máis minutos. No partido de semifinais da Liga de Campións 2006-07 contra o Chelsea parou tres penaltis de catro que lle tiraron e en Liverpool é un heroe. Fixera o mesmo no final da Copa Inglesa contra o West Ham United na tempada 2005-06 para gañar a copa.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección de España en once ocasións (ata agosto de 2008). Antes de debutar coa selección absoluta, foi internacional en varias das categorías inferiores de España: Sub-16, Sub-17, Sub-18 e Sub-21. Formou parte do combinado español que conquistou a medalla de bronce no Mundial Sub-17 de 1997.

O 17 de agosto de 2005 fixo o seu debut coa selección absoluta, nun partido amigable contra Uruguai no Molinón de Xixón.

Foi un dos integrantes do combinado nacional que participou na Copa Mundial de Fútbol 2006 e, posteriormente, na Eurocopa 2008, onde os españois se proclamaron campións. En devandito torneo disputou un partido da primeira fase, ante Grecia, onde o conxunto español impúxose 1-2 aos gregos. Tamén integrou o combinado nacional que gañou a Copa Mundial de Fútbol 2010, celebrada en Suráfrica e a Eurocopa 2012, disputada en Polonia e Ucraína. Foi o speaker nas celebracións da Mundial 2010, realizada en Madrid o 12 de xullo de 2010 e da Eurocopa 2012, celebrada o 2 de xullo dese ano tamén na capital.

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Mundial Sede Resultado
Mundial 2006 Alemaña Alemaña Oitavos de final
Mundial 2010 Suráfrica Campión

Participacións en Eurocopas[editar | editar a fonte]

Eurocopa Sede Resultado
Eurocopa 2008 Austria Austria
Suíza Suíza
Campión
Eurocopa 2012 Polonia Polonia
Ucraína Ucraína
Campión

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Actualizado o 16 de maio de 2012.

Season Club Categoría Liga Copa Copa da Liga Continental Total
PX GE PX GE PX GE PX GE PX GE
España España Liga Copa do Rei - Europa Total
1999–00 Barcelona B Segunda División B 30 ? 30 ?
2000–01 11 ? 11 ?
2000–01 Barcelona Primeira División 19 5 7 4 7 3 33 12
2001–02 11 4 1 0 4 2 16 6
2002–03 Villarreal 33 9 0 0 4 ? 37 9
2003–04 38 11 0 0 12 6 50 17
2004–05 38 14 0 0 11 6 49 20
Inglaterra Inglaterra League FA Cup League Cup Europa Total
2005–06 Liverpool Premier League 33 20 5 2 0 0 13 7 531 30
2006–07 35 19 0 0 1 0 14 7 512 26
2007–08 38 18 0 0 0 0 14 6 52 24
2008–09 38 20 2 0 0 0 11 5 51 25
2009–10 38 17 1 0 0 0 13 4 52 21
2010–11 38 14 1 0 0 0 11 5 50 19
2011–12 34 12 5 0 7 2 42 14
Total España 180 43 8 4 38 17 226 64
Inglaterra 254 120 13 2 8 2 76 34 354 159
Total carreira 431 163 21 6 8 2 114 51 580 223

1 Tamén xogou dous partidos da Copa Mundial de Clubs da FIFA. 2 Tamén xogou a FA Community Shield.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
FA Cup Liverpool FC Inglaterra 2006
Community Shield Liverpool FC Inglaterra 2006
Football League Cup Liverpool FC Inglaterra 2012

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Intertoto Villarreal CF España 2004
Copa Intertoto Villarreal CF España 2005
Supercopa de Europa Liverpool FC Inglaterra 2005
Eurocopa Selección nacional Austria/Suíza 2008
Copa Mundial de Fútbol Selección nacional Suráfrica 2010
Eurocopa Selección nacional Polonia/Ucraína 2012

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Premio Luvas de ouro 2006
Premio Luvas de ouro 2007
Premio Luvas de ouro 2008
Xogador da tempada no Liverpool FC 2010
Xogador do mes de decembro para Standard Chartered 2010

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Actualmente reside en Liverpool, está casado con Yolanda Ruiz e ten tres fillos, Grecia, Alma e Luca. Adoita viaxar a Madrid e Córdoba, onde viven os seus pais. Pepe destacou sempre pola súa humildade e solidariedade. É considerado o show-man da selección española

O 1 de xullo de 2012 tras gañar España a Eurocopa, Pepe Reina luciu a camiseta do Real Betis Balompié, co dorsal 26 e o nome de Miki Roqué, xogador bético falecido unha semana antes da final da Eurocopa por un cancro de pelve co que levaba loitando un ano enteiro tras a súa retirada do fútbol.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]