Pepe Jeans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tenda Pepe Jeans en Vigo, Galicia

Pepe Jeans London, ou simplemente Pepe Jeans é unha marca de roupa inglesa que nun período de tempo moi curto pasou a encabezar as tendencias da moda mundial no que se refire á moda vaqueira. É unha das marcas de moda que ten máis produción e que máis vende no mercado da moda mundial.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1973, os irmáns Shah (tres irmáns Nitin Shah, Arun Shah e Milan Shah) abriron unha pequena tenda de roupa no mercado de Portobello Road, no oeste de Londres, co obxectivo de vender as súas creacións. O éxito foi tal que en 1975 xa abriran catro boutiques na capital británica. O rápido crecemento da súa nova sociedade, PEPE (UK), permitiulles abrir unha tenda en Kings Road, ademais dun taller e varias oficinas.

Os anos que seguiron a 1980 foron moi beneficiosos para a compañía. Pepe Jeans rematou de impoñerse no mercado coma un dos líderes europeos de moda vaqueira, e comezou a comercializar a súa roupa en numerosos países do mundo, coma India en 1989.

En 1992 Pepe Jeans introduciu o seu logo actual.

Caras da marca[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]