Pepe Carvalho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pepe Carvalho é o protagonista dunha serie de novelas de ficción escritas por Manuel Vázquez Montalbán.

Características[editar | editar a fonte]

De orixe galega, Carvalho é un atípico detective privado de personalidade rica, complexa e contraditoria. As súas aventuras serviron ó autor para retratar, e decotío criticar, a situación política e cultural da mudante sociedade española da última metade do século XX. Por exemplo, o proceso autodestrutivo do Partido Comunista nos primeiros tempos da transición descríbese en Asesinato en el comité central, a caída do felipismo nos anos 90 é o telón de fondo de El Premio, ou o discutido proceso de transformación de Barcelona con motivo das Olimpíadas de 1992 está presente en Sabotaje Olímpico

A saga de Carvalho tivo o seu punto final coa publicación póstuma de Milenio Carvalho, onde o protagonista, acompañado do seu inseparable Biscuter, autoimponse unha última aventura en forma de volta ó mundo que acaba converténdose nunha mirada amarga e melancólica sobre a situación sociopolítica mundial e o paso do tempo.

Carvalho foi na súa mocidade (durante os anos 50) militante do Partido Comunista. O seu activismo contra o réxime franquista levouno ó cárcere. Desenganado do comunismo, cada vez máis desencantado e sempre contraditorio, acabou exercendo durante catro anos como axente da CIA.

A paixón gastronómica de Carvalho e Biscuter é a mesma que sentía o autor, polo que non faltan nas novelas apaixonadas descricións culinarias dos pratos máis diversos.

Home de vasta cultura, outro chocante trazo da súa personalidade é a súa cínica afección por condenar á fogueira libros da súa nutrida biblioteca desde comezos dos anos '70.

Malia a súa orixe galega, Barcelona é a súa cidade. Se ben é un gran viaxeiro e moitas das súas aventuras transcorren noutros lugares, a importancia do personaxe deu á capital catalá un aire de cidade literaria mítica que tanto apreciaba o propio Carvalho noutras cidades, como o Singapur de William Somerset Maugham.

Adaptacións para a pantalla[editar | editar a fonte]

Diversas novelas protagonizadas por Carvalho foron adaptadas para a televisión, sen excesivo éxito nin de crítica nin de público. Primero, nunha serie de TVE protagonizada por Eusebio Poncela nos anos 80. Posteriormente nunha serie hispano-arxentina cancelada logo do primeiro episodio, con Juan Diego no papel de Carvalho. Máis recentemente, nunha serie italo-española de 10 episodios protagonizada por Juanjo Puigcorbé.

Realizáronse catro adaptacións ó cine:

Ademais, en 1993 realizouse a película Olímpicamente mort directamente para o mercado televisivo onde Constantino Romero interpretaba ó detective e o propio Vázquez Montalbán era o narrador. A película tamén contou coa dirección de Manuel Esteban e coa aparición estelar do escritor español de novela negra Andreu Martín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Yo maté a Kennedy. Impresiones, observaciones y memorias de un guardaespaldas (1972)
  • Tatuaje (1974)
  • La soledad del manager (1977)
  • Los Mares del Sur (1979)
  • Asesinato en el comité central (1981)
  • Los pájaros de Bangkok (1983)
  • La Rosa de Alejandría (1984)
  • El balneario (1986)
  • Historias de fantasmas (1987)
  • Historias de padres e hijos (1987)
  • Tres historias de amor (1987)
  • Historias de política ficción (1987)
  • Asesinato en Prado del Rey y otras historias sórdidas (1987)
  • El delantero centro fue asesinado al atardecer (1988)
  • Las recetas de Carvalho (1989)
  • El laberinto griego (1991)
  • Sabotaje olímpico (1993)
  • El hermano pequeño (1994)
  • Roldán, ni vivo ni muerto (1994)
  • El premio (1996)
  • El caso de la muchacha que pudo ser Enmmanuelle (1997)
  • Quinteto en Buenos Aires (1997)
  • El hombre de mi vida (2000)
  • Rumbo a Kabul (Milenio Carvalho, Vol. 1) (2004)
  • En las antípodas (Milenio Carvalho, Vol 2) (2004)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]