Pentium Dual Core

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O microprocesador Core 2 Duo de Intel é a continuación dos Pentium D e do Core Duo. A súa distribución comezou o 27 de xullo de 2006.

Características[editar | editar a fonte]

O acceso á memoria intelixente optimiza o ancho da banda de datos. A súa arquitectura baséase na do Pentium M, pois demostrouse moito máis eficiente que a arquitectura do Pentium 4.

O Core 2 Duo é un procesador con un pipeline de 14 etapas o que lle permite escalar máis en frecuencia que o seu antecesor directo: o Core 1, que ten 12 etapas o igual que o Athlon 64. Ten, ademais, un motor de execución ancho con tres ALUs, catro FPUs, e tres unidades de SSE de 128 bits. Estas dúas características fan que sexa o procesador x86 que máis instrucións por ciclo pode lograr.