Penteo
Na mitoloxía grega, Penteo é fillo de Ágave e Equino, neto de Cadmo rei de Tebas. A este mito se lle atribuía unha significación relixiosa. Penteo era o prototipo do impío castigado polo seu orgullo
Mito [editar]
Dioniso é un deus de orixe tebana. Cóntase que despois de conquistar Asia decidíu voltar a Tebas para instaurar ou seu culto nesta cidade. Penteo prohibíu o culto a Dioniso, o fillo da súa tía Sémele, e non permitíu que as bacantes de Cadmea participasen nos seus ritos e orxías. Penteo ordenou a detención de todos os participantes, pero Dioniso o enlouqueceu e entón Penteo púxolle os grilletes a un touro. As Ménades despedazaron a algúns terneiros como ofrenda ao deus. Penteo trasladouse ao Citerón para espiar ás bacantes e ser testemuña dos excesos aos que se entregaban con Dioniso. Penteo ocultouse nun piñeiro. Pero as bacantes o descubriron e arrincaron a árbore. A súa propia nai, Agave, trastornada polo sedutor deus confundiuno cun animal. Botouse sobre Penteo animando ao resto de bacantes a atacalo.Todas elas abalanzáronse sobre Penteo pensando que se trataba dun xabarín. Penteo comprendeu que era inútil oporse ao poder da divindade, pero a súas suplicas foron en balde. As súas irmás arrincaronlle os brazos e a súa nai arrincoulle a cabeza. Nun instante os membros de Penteo foron despedazados polas mans furiosas das bacantes provocando que foran exiliadas de Tebas. O nome de 'Penteo', como Dioniso sinala, significa “home das penas”, ata polo seu nome estaba destinado á traxedia.