Pentatónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha escala pentatónica é unha escala musical formada por cinco notas, nas súas variantes maior e menor e é a mais estendida no mundo.

É a máis simple das escalas porque, se os intervalos básicos son a oitava e a quinta, estas escalas saen de facer unha progresión seguindo o ciclo de quintas. Por exemplo, se partimos de , a súa quinta é sol, cuxa quinta é re, de aí pásase a la e acábase en mi. A escala (dó-re-mi-sol-la) así obtida é unha pentatónica maior porque o intervalo entre dó e mi é unha terceira maior. Ao ordeala comezando en la (la-dó-re-mi-sol) é unha pentatónica menor.