Península de Mornington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da península de Mornington. En verde, áreas protexidas.

A península de Mornington (en inglés Mornington Peninsula) é unha península situada ao sueste de Melbourne en Victoria, Australia, rodeada pola baía de Port Phillip ao oeste, pola baía de Western Port ao leste e polo estreito de Bass ao sur.

Case a totalidade da península, despois da chegada dos europeos foi deforestada para a agricultura e os asentamentos humanos, pero quedan aínda algúns restos no sur e no oeste da península, e entre eles algúns están protexidos no Parque Nacional da península de Mornington.

Ao redor de 135 000 persoas viven na península, sobre todo en pequenas cidades na costa oeste, que ás veces considéranse como suburbios periféricos de Melbourne, e gran parte desta zona considérase actualmente como zona de influencia de Melbourne (cidade situada a uns 45 km).

Rexión turística[editar | editar a fonte]

A península é unha importante rexión turística, con atractivos naturais como un gran variedade de praias (tanto pechadas como de mar aberto), así como moitos panoramas e vistas, e con complexos turísticos moi visitados.

Durante o verán, a poboación pode elevarse a cerca de 250 000 habitantes.[1] A maioría dos visitantes son residentes de Melbourne, e os residentes locais e os melbourienses visitantes adoitan coñecela como "a península".

Ao igual que en moitas outras partes de Australia plantáronse recentemente grandes superficies de viñedos, e son moi apreciados os seus pinot-nor, por ser esta unha variedade que se adapta ben por ser de clima frío. A visita ás adegas constitúe outro dos alicientes turísticos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]