Pemféridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pempheridae»)
Pempheris schomburgkii

Os Pemféridos (Pempheridae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense polo Atlántico occidental, Índico e Pacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Corpo alto e comprimido, con talles máximos duns 30 cm. A boca é terminal e os ollos grandes e circulares. Algunhas especies posúen órganos luminiscentes.

Unha aleta dorsal curta, que nace á altura da metade do cuerpo ou algo máis atrás, con 4 a 7 espiñas que aumentan gradualmente de tamaño, e 7 a 18 radios brandos; a aleta anal ten 2-3 espiñas e 17-45 radios brandos. Caudal furcada.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en dous xéneros e unhas 26 especies:

  • Xénero Parapriacanthus (Steindachner, 1870).
  • Xénero Pempheris (Cuvier, 1829)

Antes incluíase nesta familia o xénero Leptobrama, pero actualmente constitúe unha familia propia, Leptobramidae.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]