Pementa de Guinea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grans do Paraíso
Aframomum melegueta.jpg
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Commelinidae
Orde: Zingiberales
Familia: Zingiberaceae
Subfamilia: Alpinioideae
Tribo: Alpinieae
Xénero: 'Aframomum'
Especie: ''A. melegueta''
Nome binomial
''Aframomum melegueta''
K.Schum.

Os chamados grans do paraíso son unha especia do Oeste de África obtida da planta Aframomum melegueta. É picante ao padal, con sabor moi similar á pementa negra. Tamén se coñece como pementa de Guinea.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta da familia do xenxibre, cunha raíz en forma de rizoma, con talos foliares de non máis de 60 centímetros de lonxitude. As follas son compostas. As flores son violetas e saen directamente da raíz, máis ou menos solitarias. O froito é rubio, con multitude de sementes aromáticas pardas.

Historia e usos[editar | editar a fonte]

Froitos de Aframomum melegueta nun mercado de São João dos Angolares, Illa de São Tomé

A pementa guineana é usada de modo corrente nas cociña da África Occidental e da África do Norte, para onde era exportada polas rotas das caravanas de camelos a través do Deserto do Sáhara, e de alí distribuída para Sicilia e Italia. Mencionada por Plinio o Vello como "pementa africana", foi esquecida en Europa até tornarse substituto da pementa negra en moda nos séculos XIV e XV, sobre todo no norte de Francia, unha das máis populosas rexións europeas da época.

En 1469, Afonso V, Rei de Portugal concedeu o monopolio do comercio do Golfo de Guinea ao mercador lisboeta Fernão Gomes,[1] incluíndo a exclusividade do comercio da pementa de Guinea, entón chamada "malagueta" - que lle foi concedido por 100.000 reais anuais- en troco de explorar 100 leguas da costa de África por ano durante cinco anos.[2] A pementa da Guinea era entón moi popular como substituto da valiosa pementa negra asiática.[3]

Cando Cristovo Colón chegou ao Novo Mundo en 1492 e trouxo os primeiros exemplares de Capsicum frutescens, o picante da capsaicina espertou interese nos portugueses que había décadas que buscaban a rara pementa de Asia. O nome malagueta foi entón adoptado para esta nova "pementa".[3]

O Ménagier de Paris recomenda os grans do paraíso para mellorar o viño que "cheira a vello". Pasado algún tempo, o seu uso decaeu, e ficou limitado á aromatización de cervexa e salchichas. No século XVIII a súa importación para a Gran Bretaña caeu debido a unha lei parlamentaria de Xurxo III de prohibir o seu uso no licor de malte, aqua vita e tónicos.[4] A pesar das súas cualidades, hoxe en día é case descoñecida fóra da África Occidental[5] e do Norte, excepto polo seu uso nalgunhas cervexas.

Propiedades[editar | editar a fonte]

As sementes teñen moitas aplicacións no campo da medicina tradicional, contra problemas intestinais, arrefriados, dores musculares e de columna, tamén para curar feridas e matar parasitos da cavidade bucal. Posúen efectos afrodisíacos e quitan o sono.[6]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

  • Aframomum grana-paradisi (L.) K.Schum.
  • Aframomum meleguetella K.Schum.
  • Alexis grandiflora (Sm.) Salisb.
  • Alpinia grana-paradisi (L.) Moon
  • Amomum elatum Salisb.
  • Amomum grana-paradisi L.
  • Amomum grandiflorum Sm.
  • Amomum melegueta Roscoe
  • Cardamomum grana-paradisi (L.) Kuntze
  • Cardamomum grandiflorum (Sm.) Kuntze
  • Torymenes officinalis Salisb.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Contrato de Fernão Gomes". http://www.marinha.pt/extra/revista/ra_fev1999/pag21.html. Consultado o 24-12-2006. [Ligazón morta]
  2. "Discoveries After Prince Henry". http://www.thornr.demon.co.uk/kchrist/discpde.html. Consultado o 2006-12-24. 
  3. 3,0 3,1 Daniel F. Austin, "Florida ethnobotany", p. 170, CRC Press, 2004, ISBN 0-8493-2332-0
  4. Peter Kup, A history of Sierra Leone, 1400-1787 (Cambridge University)
  5. E. A. Weiss, "Spice crops", p.187 CABI, 2002, ISBN 0-85199-605-1
  6. Aframomum melegueta en Museo virtual de las Ciencias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pementa de Guinea
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pementa de Guinea

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]