Pelicosaurios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pelycosauria")
Pelycosauria
Dimetrodon BW.jpg

Dimetrodon

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Synapsida
Orde: Pelycosauria
Subordes

Caseasauria
Eupelycosauria


Os pelicosaurios (Pelycosauria) son un orde dentro da clase sinapsidos de tamaño medio a grande (ata tres metros ou máis), que incluía tamén a orden Therapsida (terapsídeos).

Xurden no período Carbonífero e desaparecerán ao final do período Pérmico, xusto cando houbo a meirande extinción de seres vivos da historia da Terra. Chegaron a existir algunhas familias entre as que destacan Edaphosauridae, a máis antiga, formada basicamente por animais herbívoros e Sphenacodontidae, máis recente, formada basicamente por animais carnívoros. Algúns representantes de ambas famílias tiñan unha curiosa estrutura en forma de vela nas costas, que consistía en espiñas dorsais moi apretadas. Pénsase que esa estrutura tiña función termoreguladora: os raios de Sol quentarían o sangue circulante nesa vela, permitindo aos animais unha adaptacion mellor ao ambiente. Seria unha das primeiras tentativas de homeotermia coñecidas.

Os pelicosaurios tiñan tamén algunhas características físicas que ainda poden ser percibidas nos mamíferos: un princípio de heterodontia (dentes diferentes, adaptados a funcións diferentes) e unha rotación dos ósos das patas para unha posición máis vertical sobre o corpo, cos cóbados voltados cara atrás e os xeonllos voltados cara diante, da mesma forma como nos mamíferos atuais.

Os xéneros máis coñecidos de pelicosaurios son Edaphosaurus e Dimetrodon. Ambos son identificados popularmente como dinosauros, pero en verdade non pertencen a ese grupo. Viviron moito antes do xurdimento dos primeiros dinosaurios e pertencen a unha linaxe de réptiles diferente.


Índice

[editar] Clasificación

[editar] Taxonomía

[editar] Véxase tamén

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Pelicosaurios

[editar] Ligazóns externas

[editar] En inglés

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas