Peltre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plato de peltre.

O peltre é unha aliaxe de zinc, chumbo, estaño e antimonio, maleábel, mol e de cor branca con algunha similitude á prata, pouco reactivo e funde a 320 ºC, polo que a súa utilización para adornos é moi común. Esta substancia foi utilizada por Joseph Nicéphore Niépce para tomar a primeira fotografía. Duradeiro e maleábel, co tempo adquire unha interesante pátina e pode ser forxado de calquera forma.

Tradicionalmente cunha composición do 85 ao 99 % de estaño, e restos de 1-4 % de cobre para darlle dureza, se se lle agrega un pequeno porcentaxe de chumbo vólvese azulado. O seu aspecto é brillante, pulido e parecido á prata, que ao igual que este metal tende a ennegrecerse por efecto da oxidación se non recebe tratamento químico. O peltre é maleábel, e defórmase á forma da man cando se aperta fortemente. Ten un baixo punto de fusión.

Tradicionalmente hai tres tipos de peltre:

  • Fino: Material de cubertos. Composto de 96-99 % de estaño e 1-4 % de cobre.
  • Trifle: Tamén para cubertos e louza rústica. Composto de 92 % de estaño, 1-4 % de cobre e máis do 4 % de chumbo.
  • Lai: Tamén chamado Lei. Normalmente non é utilizado en cubertos, por conter máis do 15 % de chumbo e pequenas cantidades de antimonio.

Historia[editar | editar a fonte]

O peltre era utilizado polos romanos na construción de acuedutos, durante a Idade Media para a fabricación de adornos e era utilizado nas igrexas máis pobres como substituto da prata; Durante a Idade Media o peltre creceu en popularidade, substituíndo as louzas de madeira nas casas acomodadas, igual sucedeu en Estados Unidos durante os séculos XVIII e XIX en casas de clase media e alta.

Popularmente tamén se chama peltre aos utensilios de metal bañados cunha capa cerámica ou esmalte cerámico, xeralmente branco.