Filme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Películas")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O cabalo en movemento
A famosa serie de fotografías de Eadweard Muybridge captadas con 16 cámaras de alta velocidade. Ao pasar ante a cámara o cabalo rompía un fío que a accionaba.
A sucesión continuada delas consegue suxerir o movemento.
A vista dos fotogramas en movemento ocasiona o movemento do cabalo (obra feita en (1878) por Eadweard Muybridge.)

Un filme ou película é unha obra de arte cinematográfica que narra unha historia escrita polo xeral por un guionista e na que os personaxes son interpretados por actores. Non se distingue o material sensible no que se impresionou a película, e tampouco se é proxectada nunha sala de cine na pantalla grande ou é vista nunha televisión doméstica.

Desde o punto de vista técnico, un filme é unha secuencia de imaxes fotográficas tomadas cunha cámara e presentadas mediante un proxector. Empregando unha velocidade de substitución de imaxes superior a 18 fotogramas por segundo, de tal forma que crea no ollo humano a ilusión de continuidade, sen interrupción, entre cada fotograma debido á persistencia retiniana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]