Pekín Express

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pequín Express é un programa de telerealidade creado en Bélxica e os Países Baixos e que ten versións noutros países como Alemaña, Dinamarca, España, Francia, Noruega ou Suecia. Este concurso é á súa vez unha versión do formato orixinal The amazing race, adaptado para non ser acusado de plaxio. En Marrocos, a canle 2M fixo a súa propia versión chamada Dakar-Fez Express, que como o seu nome indica, é unha ruta dende Dakar (Senegal) ata Fez (Marrocos), pasando por Mauritania.

Formato[editar | editar a fonte]

Mecánica do concurso[editar | editar a fonte]

No concurso, dez parexas teñen que percorrer os 10.000 km que separan dúas cidades en 13 etapas de 3 días cada unha; a parella que chegue na última posición en cada etapa é eliminada, a non ser que os salve un sobre que leva a parella gañadora da anterior etapa. Os concursantes teñen un presuposto dun euro por persoa e día para conseguir comida, mentres que o transporte e o aloxamento teñen que conseguilo gratuítamente.

Xogos de inmunidade[editar | editar a fonte]

Á metade de cada etapa os concursantes chegan a un punto no que se encontra un libro vermello no que teñen que asinar, de todos eles, os máis rápidos participan nun xogo que lles pode facer gañar a inmunidade. A parella que gañe este xogo consigue unha pegatina vermella co seu nome que lles impide ser eliminados nesa etapa mesmo.

Eliminación[editar | editar a fonte]

Ao final de cada etapa, o/a director/a de carreira informa ás parellas da súa posición na mesma. A parella que chega na última posición debe abandonar o concurso, a non ser que o sobre lacrado que leva a parella gañadora da última etapa sexa de cor verde. Se o sobre contén unh tarxeta vermella, a parella abandona inmediatamente o concurso.

Nas etapas nas que o sobre lacrado é verde, e que polo tanto non son eliminatorias, pasan á seguinte etapa tódolos concursantes; mais a parella que chegou na última posición e foi salvada polo sobre verde deberá facer o percorrido cun hándicap. O hándicap pode ralentizar a viaxe desta parella, aínda que esto depende en gran parte da pericia dos concursantes.

O kit de supervivencia[editar | editar a fonte]

Os concursantes contan cunha serie de elementos que lles son útiles para cubrir as súas etapas:

  • A mochila: levan a roupa, a comida que puideron mercar e os sacos para durmir á intemperie. Cada aventureiros debe levar a súa mochila obrigatoriamente á hora de chegar ao libro vermello ou á meta.
  • Un busca: con el reciben ordes do programa, como a de que a certa hora a carreira se para e deben abandonar o medio de transport no que se encontren para procurar aloxamento ou proseguir a marcha a pé.
  • Mapa: o mapa lles marca ónde teñen que ir e por que zonas poden desprazarse.
  • Fichas de idioma: as fichas de idioma axudan aos concursantes a comunicarse cos habitantes de cada país.

Edicións existentes[editar | editar a fonte]

Nome Países Presentador Ruta Canle Páxina Oficial
Peking Express Países Baixos
Bélxica
Art Rooijakkers & Roos Van Acker
Ernst-Paul Hasselbach (2004)
2004: Moscova - Pequín Flag of Russia.svgFlag of Mongolia.svgFlag of the People's Republic of China.svg
2005: Pequín - Bombai Flag of the People's Republic of China.svg NepalFlag of India.svg
2006: Rach Soi - Lhasa Flag of Vietnam.svgFlag of Cambodia.svgFlag of Laos.svgFlag of the People's Republic of China.svg
2006: Gangotri - Cochin Flag of India.svg
2007: Río de Xaneiro - Lima Flag of Brazil.svgFlag of Bolivia.svgFlag of Peru.svg
2008: Ciudad de México - Caracas Flag of Mexico.svgFlag of Nicaragua.svgFlag of Venezuela.svg
NET 5 & VT4 VT4
NET 5
Pékin express Francia Stéphane Rotenberg 2006: París - Pskov - Pequín Francia Flag of Russia.svg Flag of Mongolia.svg Flag of the People's Republic of China.svg

2007: Pequín - Bombai Flag of the People's Republic of China.svg Flag of Hong Kong.svg Nepal Flag of India.svg
2008: Río de Xaneiro - Lima Flag of Brazil.svg Flag of Bolivia.svg Flag of Peru.svg
2009: Baía de Ha Long - Bali Flag of Vietnam.svg Flag of Cambodia.svg Flag of Laos.svg Flag of Thailand.svg Flag of Indonesia.svg
2010: Nueva Loja - Ushuaia Flag of Ecuador.svg Flag of Chile.svg Flag of Argentina.svg
2010: Gangotri - Pondichery Flag of India.svg
2011: Giza - Cidade do Cabo Exipto Kenya Flag of Tanzania.svg Flag of Lesotho.svg Flag of South Africa.svg
2012: Seúl - Sydney Flag of South Korea.svg Flag of the Philippines.svg Australia
2013: A Habana - Miami Flag of Cuba.svg Flag of Mexico.svg Flag of the United States.svg

M6 Páxina Oficial
Peking Express Alemaña Patrice Bouédibéla 2005: Moscova - Pequín Flag of Russia.svgFlag of Mongolia.svgFlag of the People's Republic of China.svg RTL -
Peking Express Dinamarca
Suecia
Noruega
- 2007: Moscova - Pequín Flag of Russia.svgFlag of Mongolia.svgFlag of the People's Republic of China.svg TVNorge, Kanal 5 & Kanal 5 TVNorge
Pequín Express España Paula Vázquez (2008)
Raquel Sánchez Silva (2009-2010)
Jesús Vázquez (2011)
2008: Madrid - Pskov - Pequín EspañaFlag of Russia.svgFlag of Mongolia.svgFlag of the People's Republic of China.svg
2009: Pequín - Bombai Flag of the People's Republic of China.svg Flag of Hong Kong.svg NepalFlag of India.svg
2010: Hanoi - Bali Flag of Vietnam.svgFlag of Cambodia.svgFlag of Laos.svgFlag of Thailand.svgFlag of Indonesia.svg
2011: Kenya - Cidade do Cabo KenyaFlag of Tanzania.svgFlag of South Africa.svg
Cuatro Páxina Oficial
Dakar Fès Express Marrocos Hicham Mesrar 2011: Dakar - Fez Flag of Senegal.svgFlag of Mauritania.svgFlag of Morocco.svg 2M Páxina Oficial

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]