Peixe mandarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixe mandarín

O peixe mandarín, de nome científico Synchiropus splendidus, é un pequeno peixe de cores brillantes pertencente á familia dos calinonímidos, que é moi popular nos acuarios de auga salgada. O peixe mandarín é oriúndo do océano Pacífico, habitando aproximadamente dende as Illas Ryukyu até o sur de Australia.

Características[editar | editar a fonte]

Posúe un corpo alongado, ollos saltóns e dúas aletas dorsais. Acada unha lonxitude próxima aos 6 centímetros. Destacan as franxas verdes, alaranxadas, e amarelas, con azul como cor de fondo que ten ao correr do corpo. Aliméntanse principalmente de pequenos crustáceos e outros invertebrados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe mandarín