Peggy Kornegger
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peggy Kornegger é unha das exponentes estadounidenses máis importantes do anarcofeminismo.
Traxectoria [editar]
É coñecida entre outras cousas porque dende a década dos setenta argumenta que o feminismo radical e o anarquismo son aliados naturais. Escribiu o ensaio Anarquismo: A conexión feminista, e defendeu os argumentos de Cathy Levine "A tiranía da tiranía", defendendo o tipo de organización espontánea e descentralizada do movemento feminista; que foi unha constestación ao escrito de Jo Freeman titulado A tiranía da falta de estruturas.