Peg Entwistle
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Peg Entwistle | |
|---|---|
![]() Peg Entwistle en 1931 |
|
| Nacemento | Millicent Lilian Entwistle 5 de febreiro de 1908 Port Talbot, Gales, Reino Unido |
| Falecemento | 16 de setembro de 1932 Hollywood, Los Angeles, California, EUA |
| Ficha na IMDb | |
Peg Entwistle, nada o 5 de febreiro de 1908 e finada o 16 de setembro de 1932,[1] foi unha actriz de teatro galesa e, por un curto período de tempo, actriz de Hollywood, que alcanzou notoriedade tras o seu suicidio, que fixo saltando do letreiro de Hollywood.
Biografía [editar]
Peg Entwistle, cuxo nome verdadeiro era Millicent Lilian Entwistle, naceu en Port Talbot, País de Gales, mais foi criada en West Kensington, Londres. Mais tarde, adoptou "Peg" como pseudónimo e proseguiu con el durante o resto da súa vida. Cando aínda era unha rapaza nova, en marzo do ano de 1916, Entwistle abandonou Liverpool e foise para América, acompañada de seu pai (Robert), tío (Charles Harold), e esposas de ambos, Lauretta e Jane, a bordo do SS Philadelphia. Despois do seu pai ser morto nun accidente no ano de 1922, Entwistle e os seus dous medio-irmáns foron criados polo tío, Charles Entwistle.
Morte [editar]
No día 16 de setembro de 1932, un sexta feira, Peg Entwistle chimpou da letra "H" do famoso "sinal de Hollywood" (naquela época era aínda "Hollywoodland"). O seu corpo rolou metros e metros no barranco, até ser encontrado dous días despois. Un detective e dous oficiais encontraron o corpo dunha muller nova loira, ollos azuis, que estaba moderadamente ben vestida. Non foi identificada até seu tío relacionar a descrición dada do corpo coas iniciais "P.E." na nota de suicidio.
A causa de súa morte foi listada polo médico forense como "múltiples fracturas de pelve".
A nota de suicidio de Peg Entwistle di:
"I am afraid, I am a coward. I am sorry for everything. If I had done this a long time ago, it would have saved a lot of pain. P.E."
Traducido:
"Teño medo, son unha covarde. Síntoo moito por todo. Se tivera feito isto hai tempo, tería aforrado moita dor. P.E."
O seu funeral celebrouse en Hollywood e o corpo foi cremado. A súas cinzas foron enviadas despois para Glendale, Ohio, para ser enterrado preto de seu pai, no "Cemiterio Oak Hill". As súas cinzas foron enterradas no día 5 de xaneiro de 1933.
Notas [editar]
- ↑ Como é explicado no artigo, Entwistle certamente morreu na noite de 16 de setembro de 1932, mais o seu corpo foi encontrado dous días despois, sendo, así, a súa morte listada - no atestado de óbito, - como 18 de setembro de 1932.
