Pedro de Castro y Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro de Castro y Figueroa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro de Castro Figueroa y Salazar Editar o valor em Wikidata
8 de decembro de 1678 Editar o valor em Wikidata
España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1741 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral Metropolitana da Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Vicerrei de Nova España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
Premios


Pedro de Castro y Figueroa, nado en San Xulián de Cela (Cambre) en 1685 e finado en México o 22 de agosto de 1741, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiña o título de duque da Conquista e cabaleiro de Santiago e de San Xenaro, foi nomeado vicerrei da Nueva España en 1740. Embarcou nun buque de comercio holandés con destino a Cuba e Veracruz, mais ao chegar ao litoral americano foi alcanzado por unha fragata inglesa que estivo a piques de facelo prisioneiro, aínda que logrou que botasen un bote ao mar e xunto con outros pasaxeiros e á vista de San Juan de Porto Rico, gañou ese porto sen levar con el ningún documento que o acreditase. Posteriormente fixo a viaxe de Porto Rico a Veracruz onde chegou o 30 de xuño, e de alí escribiu ao arcebispo-vicerrei que por outro conduto recibira aviso e instrucións sobre o particular. Fixo a súa entrada oficial na Cidade de México o día 17 de agosto do mesmo ano.

Atopou á Nova España sobresaltada polo estado de guerra existente, ameazada no norte polos franceses e sobre o gran litoral do golfo de México polos ingleses, aínda que ata entón non atacaran Veracruz, que era o camiño máis directo e de máis coidado cara á capital do vicerreinado. Sóubose que intentaron apoderarse de San Agustín da Florida, de onde foron rexeitados pola guarnición, moi exigua, que defendía esa praza, polo que o vicerrei apresurouse a enviar trescentos homes, armas, víveres e municións, para reforzar aos defensores daquel afastado lugar. Puxo especial empeño en desaugar as minas de Zacatecas, para obter maiores rendementos; fixo unha considerábel remisión de "situados" -diñeiro co que a Nova España axudaba ás posesións españolas que tiñan necesidades ou carencias- ás Filipinas, para labor misioneiro e deu as ordes pertinentes para limpar o porto de Veracruz, que estaba moi azolvado.

Os ingleses, coa súa poderosa mariña e xefes moi hábiles, apoderáronse dalgúns fortes de Cartaxena de Indias e Puerto Bello, téndose en México a seguridade de que intentarían un desembarco en Veracruz, polo que o vicerrei fixo construír novos fortíns artillados e ben orientados en Ulúa e mandou pór sobre as armas a unha parte da poboación para estar en capacidade de defender o porto. Estes milicianos sacados da poboación civil en forma de leva, formaron a guarnición e un batallón moi efectivo que se chamou da Coroa, famoso no exército realista durante a revolución de independencia.

Estaba o vicerrei conde da Conquista en Veracruz, revisando as obras daquel porto; cando enfermou dunha disentería hemorráxica. Foi traído apresuradamente a México, onde morreu o 22 de agosto de 1741. Foi sepultado no convento da Piedade, á saída sur da cidade.