Pedro Rodríguez de la Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Rodríguez de la Vega

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro Rodríguez De la Vega Editar o valor em Wikidata
18 de xaneiro de 1940 Editar o valor em Wikidata
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xullo de 1971 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Norisring, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSpanish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónWestern Military Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de motociclismo , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRicardo Rodríguez de la Vega Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 8004467 Editar o valor em Wikidata

Pedro Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México o 18 de xaneiro de 1940 e finado en Núremberg (Alemaña) o 11 de xullo de 1971, foi un piloto de automobilismo mexicano. Xunto co seu irmán máis novo Ricardo, dous anos menor, correu con bicicletas e motocicletas na súa adolescencia e chegou a ser campión mexicano de motos aos 13 anos en 1953 repetindo en 1954 e de aí saltou ao automobilismo de velocidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro no GP de Francia 1971

O seu pai Pedro, impulsou coa súa fortuna persoal á internacionalización dos seus fillos comprando ou alugando automóbiles como OSCA, Porsche ou Ferrari en competicións do mundial de Sport Prototipos. En 1957 debutou internacionalmente nun Ferrari 500TR en Nassau, Bahamas.

En 1958 intentou inscribirse xunto con Ricardo nas 24 Horas de Le Mans en Francia nun Ferrari 500 TR-58. O regulamento impediu correr a Ricardo, pero Pedro correu con José Behra, irmán do famoso Jean Behra. Ambos irmáns regresaron en 1959 e correron cun pequeno OSCA 750; aínda que non puideron terminar, a partir de aí, Pedro correría cada ano ata 1971, 14 anos consecutivos. En 1968 finalmente Pedro gañou a competición a bordo dun Ford GT40 Mk. I, do equipo JW-Gulf, acompañado polo belga Lucien Bianchi.

Frecuentemente correu para o expiloto e importador de Ferrari nos Estados Unidos, o North American Racing Team (NART), de Luigi Chinetti, con quen mantería unha relación ata a súa morte.

O 1 de novembro de 1962 o seu irmán máis novo Ricardo morreu nun horrible accidente durante o primeiro día de prácticas do Gran Premio de México e Pedro considerou a súa retirada das carreiras.[1] Con todo, en 1963 e 1964 gañou o Daytona International Speedway e tomou parte nos seus primeiros Grandes Premios en Estados Unidos e México, pilotando un Lotus.

Seguiu competindo esporadicamente en Fórmula 1 (F1) ata 1966 con Ferrari e Lotus. En 1967, na súa novena carreira, gañou a carreira de apertura da tempada sobre un Cooper-Maserati no Gran Premio de Suráfrica, no circuíto de Kyalami.[2] Para dita tempada de 1967, Rodríguez foi contratado por Roy Salvadori como o número 2 do futuro campión do mundo de 1970, Jochen Rindt, pero nese ano Pedro sempre estivo por diante do austriaco, que pilotaba os autos máis modernos do equipo o T81B e o T86 mentres que o mexicano era relegado ao vello pero confiable T81.

Rodríguez no GP de Holanda 1968.

Seguiu correndo en F1 nun BRM en 1968, co equipo privado de Reg Parnell-BRM co BRM P133. No GP de Francia consegue a súa única volta rápida en F1.[3]

Únese a Ferrari en 1969, e regresou a BRM na tempada 1970 co chasis P-153. No GP de Bélxica de 1970 Pedro gañou a súa segunda carreira de F1 con apenas 1,1 segundos de vantaxe sobre Chris Amon de March a unha media de velocidade de 252,951 km/h,[4] a máis alta rexistrado na historia da F1, o podio pechouno Jean Pierre Beltoise nun Matra.[5] Para o GP dos Estados Unidos, Rodríguez xa saboreaba os meles do triunfo pero un erro nos boxes cun mal cálculo do consumo de combustible relegouno ao segundo posto, o lugar máis alto do podio correspondeu a Emerson Fittipaldi e a fabulosa bolsa para a época de 50.000 dólares.[6]

Na tempada de 1971 seguiu correndo para BRM co novo P-160, pero só as primeiras catro carreiras, sendo a mellor a do GP de Holanda, onde quedou en segundo lugar só detrás de Jacky Ickx. Estes dous pilotos, mestres de pistas molladas, dobraron a todos os seus rivais baixo unha forte choiva.[7]

Tamén gañaría dúas veces máis nas 24 Horas de Daytona de 1970 e 1971,[8] cun total de catro triunfos, só por baixo de Hurley Haywood e Scott Pruett que conseguiron 5 vitorias.

Pedro Rodríguez nun BRM P133 no GP de Nürburgring en 1968.

Morte[editar | editar a fonte]

Cando o seu nome xa soaba entre os máis grandes de todos os tempos, Pedro Rodríguez morreu o 11 de xullo de 1971 nas 200 millas de Norisring, unha carreira pouco importante de Interserie en Núremberg, Alemaña debido a un accidente provocado por Kurt Hild, quen circulaba lentamente e cambiou de dirección intempestivamente, o mexicano conducía un Ferrari 512M do equipo suízo Herbert Müller Racing, seu amigo e compañeiro na Targa Florio dese ano, na que quedaron en segundo lugar. Os seus restos descansan xunto cos de Ricardo no Panteón Español da Cidade de México.[9]

Legado[editar | editar a fonte]

Pedro Rodríguez era o mellor piloto da súa xeración en choiva e de noite, tras moitos anos de correr con Ferrari en autos Sport, en 1970 asinou co equipo JW-Gulf-Porsche, co cal logrou o campionato mundial dous anos consecutivos ao mando do fabuloso, pero de difícil manexo, Porsche 917[10] considerado un dos mellores automóbiles de prototipos do século XX.[11][12] Converteuse nun dos pilotos máis completos ao correr en F1, CanAm, NASCAR e rallies e ata foi campión norteamericano de carreiras sobre xeo en 1970 cando o Alaska Sports Car Club invitouno á carreira de febreiro en Sand Lake Anchorage.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Pedro foi o primoxénito do matrimonio de Pedro Natalio Rodríguez Quijada e Conchita de la Vega Gorráez, tivo catro irmáns Federico, Ricardo, Conchita e Alejandro. Á idade de 15 anos o seu pai enviouno durante dous anos escolares (1955-57), á Western Military Academy en Alton, Illinois para aprender inglés e para ser máis disciplinado.[13]

Amaba correr, pero tamén gozaba da boa roupa, a música, as festas e a boa comida, sempre viaxaba cunha botella de salsa Tabasco por se non atopaba chiles para sazonar a súa comida.[14] Estaba casado con Angelina Dammy en México desde 1961, pero nos últimos anos tiña unha noiva, Glenda Foreman, coa cal vivía en Bray, Berkshire pero non tivo descendencia. Era amigo do ex Beatle Ringo Starr.

Non lle gustaba conducir no tráfico urbano, dicía que era demasiado perigoso polo que utilizaba un chofer. Pedro sempre viaxaba cunha bandeira mexicana e un disco co himno nacional porque cando gañou o GP de Suráfrica de 1967, os organizadores non tiñan o himno de México.[15] Do mesmo xeito que Ricardo era amigo próximo de Jo Ramírez.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A primeira curva do circuíto de Daytona leva o seu nome na súa honra. O circuíto Magdalena Mixiuhca da Cidade de México, sede da F1, Champ Car, NASCAR México e outras series, foi renomeado en 1973 como Autódromo Hermanos Rodríguez, en honor a el e o seu irmán Ricardo. En xullo de 2006, 35 anos logo da súa morte, foi colocada unha placa de bronce no lugar do seu accidente en Núremberg, un esforzo conxunto da Scudería Rodríguez A.C., (a fundación de amigos e familia), e as autoridades da cidade alemá.[16] A Scuderia conserva viva a súa memoria e a do seu irmán, mantén os seus arquivos e o Rexistro Rodríguez de obxectos de recordos e automóbiles dos irmáns, certificándoos. O seu secretario xeral, Carlos Jalife, publicou a biografía Os Irmáns Rodríguez en 2006, traducido ao inglés en 2009 e gañador do Libro do Ano do Motor Press Guild.[17]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Resultados no Campionato Mundial de Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Pos. Pts.
1963 Team Lotus Lotus 25 Climax V8 MON BEL HOL FRA RU ALE ITA EUA
Ret
MEX
Ret
RSA NC 0
1964 North American Racing Team Ferrari 156 Aero Ferrari V6 MON HOL BEL FRA RU ALE AUT ITA EUA MEX
6
22º 1
1965 North American Racing Team Ferrari 1512 Ferrari V12 RSA MON BEL FRA GBR HOL ALE ITA EUA
5
MEX
7
14º 2
1966 Team Lotus Lotus 33 Climax V8 MON BEL FRA
Ret
GBR HOL NC 0
Lotus F2 44 Cosworth 4 en liña ALE
Ret
ITA
Lotus 33 BRM V8 EUA
Ret
MEX
Ret
1967 Cooper Car Company Cooper T81 Maserati V12 RSA
1
MON
5
HOL
Ret
BEL
9
FRA
6
RU
5
ALE
11
CAN
ITA
EUA
MEX
6
15
1968 Owen Racing Organisation BRM P126 BRM V12 RSA
Ret
18
BRM P133 BRM V12 ESP
Ret
MON
Ret
BEL
2
HOL
3
FRA
NC
RU
Ret
ALE
6
CAN
3
EUA
Ret
MEX
4
BRM P138 BRM V12 ITA
Ret
1969 Reg Parnell Racing BRM P126 BRM V12 RSA
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
14º 3
Scuderia Ferrari Ferrari 312 Ferrari V12 HOL
DNA
FRA GBR
Ret
ALE ITA
6
North American Racing Team Ferrari 312 Ferrari V12 CAN
Ret
EUA
5
MEX
7
1970 Yardley Team BRM BRM P153 BRM V12 RSA
9
ESP
Ret
MON
6
BEL
1
HOL
10
FRA
Ret
RU
Ret
ALE
Ret
AUT
4
ITA
Ret
CAN
4
EUA
2
MEX
6
23
1971 Yardley Team BRM BRM P160 BRM V12 RSA
Ret
ESP
4
MON
9
NED
2
FRA
Ret
RU
ALE
AUT
ITA
CAN
USA
10º 9

Pedro Rodríguez en Ferrari[editar | editar a fonte]

Ferrari 330 TRI-LM gañador das 24 Horas de Le Mans de 1962, adquirido polos Rodríguez por medio da N.A.R.T. co cal Pedro competiu en varias carreiras (actualmente un dos coches máis caros do mundo).
Ano Carreira Equipo Auto Pos. Copiloto
1957 Nassau Trophy N.A.R.T. 500 TR Ret.
1957 Gobernor´s Trophy N.A.R.T. 500 TR 9
1958 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 500 TR 5 José Behra
1958 Gobernor´s Trophy N.A.R.T. TR 58 4
1958 Ferrari Classic N.A.R.T. TR58 2
1958 Nassau Trophy N.A.R.T. TR 58 2
1959 II Circuito del Moral N.A.R.T. TR 58 2
1959 12 Horas de Sebring N.A.R.T. TR58 Ab Paul O'Shea
1959 1000 Km de Daytona N.A.R.T. TR58 Non arrincou
1959 VII Circuíto Avandaro N.A.R.T. 58TR 8
1959 Kiwanis GP Riverside N.A.R.T. 250 TR Ab
1959 Gobernor´s Trophy N.A.R.T. TR59 3
1959 Nassau Trophy N.A.R.T. TR59 13
1960 GP de Cuba N.A.R.T. TR59 2
1960 12 Horas de Seabring N.A.R.T. Dino 196S Ret. Ricardo Rodríguez
1960 Targa Florio N.A.R.T. Dino 196S 7/1 Sport-2 Ricardo Rodríguez
1960 1000 Km de Nürburgring N.A.R.T. Dino 196S Ret. Ricardo Rodríguez
1960 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. TRI60 Ret. Ludovico Scarfiotti
1960 Gobernor's Trophy N.A.R.T. TR59/60 Ret.
1960 Nassau Trophy N.A.R.T. TR59/60 2 Ricardo Rodríguez
1961 12 Horas de Seabring N.A.R.T. TR59/60 3 Ricardo Rodríguez
1961 1000 Km de Nürburgring N.A.R.T. TRI/60 2 Ricardo Rodríguez
1961 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. TRI/61 Ret. Ricardo Rodríguez
1961 I GP Independencia 250 GT Cal 1
1961 GP Canada Sport N.A.R.T. TRI/61 2
1961 1000 Km de Montlhéry N.A.R.T. 250 GT SWB 1 Ricardo Rodríguez
1961 Governor's Trophy N.A.R.T. TRI/61 1
1961 Nasseau Trophy N.A.R.T. TRI/61 3
1962 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 246 SP Ret. Ricardo Rodríguez
1962 12 Horas de Seabring N.A.R.T. Dino 246S Ret. Grossman x Connell
1962 1000 Km de Nürburgring N.A.R.T. 268 SP 2 Ricardo Rodríguez
1962 24 Horas de Le Mans SpA Ferrari SEFAC 246 SP Ret. Ricardo Rodríguez
1962 Double 400 Bridgehampton N.A.R.T. 330 TRI/LM 1
1962 GP Canada Sport N.A.R.T. 330 TRI/LM 2
1962 1000 Km de Montlhéry N.A.R.T. 250 GTO 1 Ricardo Rodríguez
1963 Continntal 3 Horas de Daytona N.A.R.T. 250 GTO 1
1963 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 330 TRI/LM 3 Graham Hill
1963 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 330 TRI/LM Ret. Roger Penske
1963 Gobernor's Tophy N.A.R.T. 250 P 2
1963 Nasseau Trophy N.A.R.T. 250 P 2
1964 CC 250 M Daytona N.A.R.T. 250 LM Ret.
1964 Continental 2000 Km Daytona N.A.R.T. 250 GTO 1 Phil Hill
1964 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 330 P Ret John Fulp
12 Horas de Seabring 250 GTO 7 Piper/xGammino
1964 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 330 P Ret. S Hudson
1964 12 Horas de Reims N.A.R.T. 250 GTO 11 Nino Vacarella
1964 Player's Quebec N.A.R.T. 275 P 1
1964 Double 500 Bridgehamston N.A.R.T. 275 P 2
1964 GP Canada Sport N.A.R.T. 330 P 1
1964 1000 Km de Montlhéry N.A.R.T. 250 GTO 2 Jo Schlesser
1964 GT+22 Oakes Field N.A.R.T. 250 GTO 7/1 clase
1964 Nassau Tourist Trophy N.A.R.T. 250 GTO 6/1 clase
1964 Governor's Trophy N.A.R.T. 330 P 4/1 clase
1964 Nassau Thophy N.A.R.T. 330 GTO 3/2 clase
1965 Continental 2000 Km Daytona N.A.R.T. 330 P2 Ret. John Surtees
Continental 2000 Km Daytona N.A.R.T. 275 P Ret Hansgen x
1965 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 330 P Ret. Graham Hill
1965 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 365 P2 7/1 clase Nino Vacarella
1965 12 Horas de Reims N.A.R.T. 365 P2 1 Jean Guichet
1965 Double 500 Bridghamston N.A.R.T. 250 GTO 2/1 clase
1965 GP Canada Sport N.A.R.T. 365 P2 3
1966 24 Horas de Daytona N.A.R.T. 365 P2 4 Mario Andretti
1966 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 365 P2 Ret. Mario Andretti
1966 1000 Km de Nürburgring N.A.R.T. Dino 206 S 3 Richie Ginther
1966 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 330 P3 Ret. Richie Ginther
1966 200 M Bridgehamton N.A.R.T. Dino 206 S Ret.
1966 200 M Laguna Seca N.A.R.T. Dino 206 S 18
1966 Governor's Trophy N.A.R.T. 275 GTB/C 7/1 clase
1966 Nassau Trophy N.A.R.T. Dino 206 S 7/1 clase
1967 24 Horas de Daytona N.A.R.T. 412 P 3 Jean Guichet
1967 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 206 S Ret. Jean Guichet
1967 1000 Km de Monza N.A.R.T. 412 P Ret. Jean Guichet
1967 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 412 P Ret. Giancarlo Baghetti
1967 12 Horas de Reims N.A.R.T. Dino 206 S Ret. Jean Guichet
1968 24 Horas de Daytona N.A.R.T. Dino 206 S Ret. Kold
1968 GP de Brands Hatch N.A.R.T. 275 ML 5 Pierpoint
1969 12 Horas de Seabring N.A.R.T. 330 P3 Ret. Parsons
1969 6 Horas de Brands Hatch N.A.R.T. 312 P 4 Chris Amon
1969 1000 Km de Monza N.A.R.T. 312 P Ret. Schetty
1969 1000 km de Spa N.A.R.T. 312 P 2 David Piper
1969 1000 Km de Nürbugring N.A.R.T. 312 P 5 Chris Amon
1969 24 Horas de Le Mans N.A.R.T. 312 P Ab David Piper
1969 200 M Bridgehamton N.A.R.T. 312 P 5
1970 200 M Mid Ohio N.A.R.T. 512 S 11
1970 200 M Elkhart Lake N.A.R.T. 512 P 7
1971 200 M Norisring Privado 512 M Falece

Pedro Rodríguez en Porsche[editar | editar a fonte]

Porsche 917 Campión Mundial de Marcas de 1970 e 1971 en mans de Pedro Rodríguez.
Ano Carreira Equipo Auto Pos. Copiloto
1970 24 Horas de Daytona John Wyer 917K 1 Leo Kinnunen
1970 12 Horas de Sebring John Wyer 917K 4 Leo Kinnunen
1970 1000 km Brands Hatch John Wyer 917K 1 Leo Kinnunen
1970 1000 km de Monza John Wyer 917K 1 Leo Kinnunen
1970 Targa Florio John Wyer 908-3 2 Leo Kinnunen
1970 1000 km Spa-Francorchamps John Wyer 917K Ret. Leo Kinnunen
1970 1000 Quilómetros de Nürburgring John Wyer 908-3 Ret. Leo Kinnunen
1970 24 Horas de Le Mans John Wyer 917K Ret. Leo Kinnunen
1970 6 horas de Watkins Glen John Wyer 917K 1 Leo Kinnunen
1970 1000 km de Zeltweg John Wyer 917K Ret. Leo Kinnunen
1971 1000 km de Buenos Aires John Wyer 917K Ret. Jackie Oliver
1971 24 Horas de Daytona John Wyer 917K 1 Jackie Oliver
1971 12 Horas de Sebring John Wyer 917K 4 Jackie Oliver
1971 1000 km Brands Hatch John Wyer 917K Ret. Jackie Oliver
1971 1000 km de Monza John Wyer 917K 1 Jackie Oliver
1971 1000 km Spa-Francorchamps John Wyer 917K 1 Jackie Oliver
1971 Targa Florio John Wyer 908-3 Ret. Herbert Müller
1971 1000 Quilómetros de Nürburgring John Wyer 908-3 2 Jackie Oliver
1971 24 Horas de Le Mans John Wyer 917LH 18 Jackie Oliver
1971 1000 km de Zeltweg John Wyer 917K 1 Richard Attwood

Pedro Rodríguez nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Auto Cat. Compañeiro Lugar de saída Voltas Resultado
Motor Horas
1958
North American Racing Team
25
Ferrari 500 TR58 S 2.0 Francia José Behra
33°
119
Abandono
(Enfriamento)
Ferrari 2.0 L4
12h
1959
Italia OSCA Automobili
51
OSCA Sport 750TN S 750 Ricardo Rodríguez
11°
32
Abandono
(Bomba de auga)
OSCA 0.7L L4
5h
1960
Italia Scuderia Ferrari SpA
12
Ferrari 250 TRI/60 S 3.0 Italia Ludovico Scarfiotti
47°
22
Abandono
(Combustible)
Ferrari 3.0L V12
3h
1961
North American Racing Team
17
Ferrari 250 TRI/61 S 3.0 Ricardo Rodríguez
305
Abandono
(Motor)
Ferrari 3.0L V12
23h
1962
Italia SpA Ferrari SEFAC
28
Ferrari Dino 246 SP E 3.0 Ricardo Rodríguez
32°
174
Abandono
(Caixa de cambios)
Ferrari 2.4L V6
13h
1963
North American Racing Team
10
Ferrari 330 TRI/LM P +3.0 Roger Penske
113
Abandono
(Accidente)
Ferrari 4.0L V12
9h
1964
North American Racing Team
15
Ferrari 330 P P 5.0 Skip Hudson
58
Abandono
(Motor)
Ferrari 4.0 L V12
5h
1965
North American Racing Team
18
Ferrari 365 P2/P1 P 5.0 Italia Nino Vaccarella
320
Ferrari 4.4 L V12
24h
1966
North American Racing Team
27
Ferrari 330 P3 Spyder P 5.0 Richie Ginther
151
Abandono
(Caixa de cambios)
Ferrari 4.0 L V12
10h
1967
North American Racing Team
25
Ferrari 330 P3 P 5.0 Italia Giancarlo Baghetti
144
Abandono
(Pistóns)
Ferrari 4.0 L V12
11h
1968
John Wyer Automotive Engineering
9
Ford GT40 Mk I S 5.0 Bélxica Lucien Bianchi
331
Primeiro lugar
Ford 4.9 L V8
24h
1969
Italia SpA Ferrari SEFAC
18
Ferrari 312 P Coupé P 3.0 David Piper
223
Abandono
(Fuga de aceite)
Ferrari 3.0 L V12
16h
1970
John Wyer Automotive Engineering
21
Porsche 917K S 5.0 Finlandia Leo Kinnunen
22
Abandono
(Motor)
Porsche 4.9 L Box 12
4h
1971
John Wyer Automotive Engineering
18
Porsche 917L S 5.0 Jackie Oliver
-
Abandono
(Fuga de aceite)
Porsche 4.9 L Box 12
14h

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de abril de 2013. 
  2. http://www.formula1.com/results/season/1967/561/
  3. http://www.formula1.com/results/season/1968/560/
  4. Libro: Los Hermanos Rodríguez. 2006, p. 503
  5. http://www.formula1.com/results/season/1970/528/
  6. http://www.formula1.com/results/season/1970/534/
  7. http://www.formula1.com/results/season/1971/517/
  8. http://www.porsche917.com.ar/xhistoria1971_2.htm
  9. http://www.porsche917.com.ar/pilotrodrig04.htm
  10. Libro: Los Hermanos Rodríguez. 2006, Pág. 575
  11. http://www.porsche917.com.ar/xhistoria1970_1.htm
  12. http://www.porsche917.com.ar/xhistoria1971_1.htm
  13. Libro: Los Hermanos Rodríguez, 2006. Págs. 45-46
  14. Libro: Los Hermanos Rodríguez, 2006. Pág. 557
  15. Libro: Los Hermanos Rodríguez, 2006. Pág. 381
  16. http://www.grandprix.com/ns/ns17174.html
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]