Pedro Longueira Patiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Longueira Patiño
Nacemento25 de novembro de 1905
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento10 de agosto de 1983
Lugar de falecementoCidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e metalúrxico
editar datos en Wikidata ]

Pedro Longueira Patiño, nado en Ferrol o 25 de novembro de 1905 e finado en México o 10 de agosto de 1983, foi un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como obreiro metalúrxico e militou no PSOE galego. Nas eleccións xerais de 1936 foi eixido deputado pola provincia da Coruña polo Fronte Popular. Durante a guerra civil foi Comisario Inspector de Prisións, vocal do Tribunal de Responsabilidades Civiles e membro do Padroado de Campos de Traballo. En Barcelona colaborou con Edmundo Lorenzo Santiago na fundación de El Socialista Gallego, órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos e foi secretario xeral de Solidaridade Galega Antifeixista. Despois da guerra civil exiliouse en México, onde contribuíu á organización do PSOE e da UGT no elixio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]