Pedro Calderón de la Barca Ceruelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Calderón de la Barca Ceruelo
Biografía
Nacemento12 de abril de 1874 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte1940 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Murcia
14 de xuño de 1917 –
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPedro Calderón de la Barca Herce Collantes Editar o valor em Wikidata

Pedro Calderón de la Barca Ceruelo, II marqués de Algara de Gres, nado en Madrid o 12 de abril de 1874 e finado na mesma cidade en 1940, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Calderón de la Barca Herce Collantes. Foi nomeado profesor da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación en 1888.[1] Foi xefe de negociado do Ministerio de Graza e Xustiza. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado polo distrito de Ortigueira nas eleccións de 1896. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Arzúa nas eleccións de 1899. Nas eleccións de 1907 foi elixido deputado polo distrito de Corcubión, e nas de 1914 foi elixido polo distrito de Muros.

Herdou o título de marqués de Algara de Gres á morte do seu tío Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Mélida Labaig e foi pai de Pedro Calderón de la Barca Mélida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Magisterio Gallego, 25-2-1888, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 14-4-1908, p. 2.